2.1. Chispirita e os modelos de orientación

2.1. Chispirita e os modelos de orientación

Última actualización de en paula pose

A partires das diferenzas da orientación e do asesoramento, Chispirita decidíu que unha moi boa idea sería aprender os distintos modelos de orientación e de asesoramento, así que decidíu empezar a aprendizaxe dos primeiros.

Os modelos de orientación poden ser modelos teóricos, modelos básicos de intervención ou modelos organizativos.

Modelos teóricos: existen unha gran variedade pero todos eles teñen en común que admiten a interconexión de componentes filosóficos e asumen que é posible o cambio en relación cos obxectivos de logro. Algún deles son:

  • Modelo condutista: sosteñen que as conductas problema son aprendidas e empregan técnicas como a modelación o reforzo con fichas, etc para solventalas.
  • Modelo de rasgos e factores: defende que cada individuo ten uns rasgos e uns factores individuais e que estes rasgos e factores poden quedar estancados ou desenvolverse en función das interaccións do individuo co ambiente.
  • Modelo cognitivo: agrupa aquelas teorías que consideran que as dificultades comportamentais das persoas se deben á forma en que pensan sobre o mundo.

Modelos básicos de intervención: inclúe os seguintes:

  • Modelo clínico: cuio máximo protagonismo se dou entre os anos 30 e 60. Este modelo fundaméntase nos modelos teóricos do couseling e caracterízase por ser unha relación de axuda mediante asesoramento individual. Establécese unha relación persoal entre o orientador e o orientado e o seu obxectivo é satisfacer as necesidades de carácter persoal, educativo e socio-profesional do individuo, así como poner ao alcance do suxeito toda aquela información que se ten sobre él e descubrir as súas dificultades.

As fases de este modelo son:

-       Demanda por parte do cliente.

-       Síntese e conceptualización diagnóstica.

-       Estratexias de intervención.

-       Seguimento da intervención.

-       Avaliación de todo o porceso.

Este modelo utiliza a entrevista como forma de recoller información e o orientador é o que ten a máxima responsabilidade.

  • Modelo de servizos:  é un modelo clásico que se consolida nos anos 80 e que está vinculado ás institucións públicas, o que crea unha gran dependenza administrativa. Ten carácter social, educativo e laboral pero actuando sobre o problema e non tanto no contexto.

Este modelo centra súa atención no especialista que actúa de maneira individual, sen establecer comunicación con outros axentes e o orientador actúa como un mero espectador.

 

  • Modelo de programas: é un modelo que da cabida aos principios de prevención, desenvolvemento e intervención social. Ten carácter formativo, social e laboral e o orientador colabora con outros profesionais tendo en conta o contexto.

Este modelo céntrase nas necesidades de un colectivo e romove a participación activa así como a autorientación e a autoavaliación.

 

  • Modelo de consulta: é un modelo que se caracteriza por levar a cabo tanto intervención directa como indirecta. Céntrase no orientado pero tamén en todo o que o rodea, tendo tanto carácter preventivo como remedial.

Básase en unha relación triádica na que o consultante actúa como mediador entre o consultado e o suxeito a quen vai dirixida a intervención e tanto o consultante como o consultado presentan o mesmo status. Cabe decir tamén que a consulta pode ser tanto externa como interna e as súas fases son as seguintes:

-       clarificación do problema.

-       diseño dun plan de acción.

-       execución e avaliación dese plan de acción.

-       finalización dando suxerencias.

 

  • Modelo tecnolóxico: é un modelo de intervención a través de medios tecnolóxicos que permite aos orientadores liberarse de algunas función. É un modelo que nunca poderá ser de uso exclusivo, senón que debe complementarse con algún dos modelos anteriores.

Modelos mixtos de intervención: son o resultado da comibinación dos modelos básicos e poden ser o modelo sociocomunitario, o modelo psicopedagóxico,…

Modelos organizativos: son as propostas que se fan nun momento determinado para un contexto determinado, e poden ser:

  • Modelos institucionais: son determinados polas administracións públicas para todo un territorio. Algúns exemplos son o modelo MEC ou o modelo INEM.
  • Modelos particulares: pertencen a este tipo de modelos os gabinetes privados de orientación e os centros educativos privados.