Please enable JS
  • slider21.jpg

Dentro do Proxecto Anomia dixital e riscos e Internet, o pasado luns día 27 de febreiro presentáronse uns materiais especificamente deseñados para o seu uso por parte do profesorado de centros educativos de Educación Secundaria. Fernando Fraga-Varela, como membro do Grupo de Investigación Stellae, participa no proxecto e foi o responsable de xestionar a tradución ao galego e a adecuación da proposta ao contexto de Galicia.

O proxecto coordínase desde a Cátedra UNESCO de Comunicación e Valores Educativos da Universidade do País Vasco (UPV/EHU). Consta de dúas fases: unha primeira de recollida de datos a través de 7 universidades en 5 países diferentes. Unha segunda fase, a partir dos resultados obtidos, de elaboración de materiais de libre acceso dirixido a alumnado de 12 a 17 anos, para ser empregado por centros educativos e tamén familias. Esta proposta toma en consideración, ademais dos referentes obtidos pola recollida de datos, as recomendacións da UNESCO sobre a Alfabetización Mediática e Informacional (AMI) e a recomendacións da Comisión Europea sobre Competencia Dixital (DigComp). Atópanse dispoñibles na seguinte ligazón. https://www.ehu.eus/es/web/catedra-comunicacion-valores/uso-responsable-y-critico-de-internet-y-de-los-dispositivos-digitales/idiomas

Para dar a coñecer a proposta contouse coa visita de Juan Ignacio Martínez de Morentin, Arkaitz Lareki Arcos e Itxaro Etxague Goia da UPV/EHU. Ademais de presentar a proposta en centros educativos que colaboraron co proxecto, realizouse un encontro con Esther Martínez Piñeiro, presidenta da Federación de Anpas Compostela en representación da Confederación de Anpas Galegas.

A proposta tivo eco en diferentes medios de comunicación como o xornal da USC: https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/usc-upvehu-desenan-sesions-alumnado-12-17-anos-faga-responsable-critico-internet

La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2023/02/28/usc-disena-sesiones-adolescentes-hagan-uso-responsable-critico-internet/0003_202302S28C4993.htm

El Correo Gallego: https://www.elcorreogallego.es/santiago/2023/02/28/usc-aposta-fomentar-critico-internet-83848957.html

 

PROYECTO VASCOS