Please enable JS
  • slider21.jpg

 

Sandra Dorado Gómez, membro do Grupo Stellae, obtivo este ano a bolsa convocada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para a Formación do Profesorado Universitario (FPU).

Graduada en Pedagoxía e tras realizar o Máster en Procesos de Formación pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), colaborou co grupo e as súas diversas liñas de investigación dende o ano 2014 (Bolsa de Colaboración).

Este ano comezará para ela unha nova etapa no grupo, mediante a realización da tese doutoral “Redes Persoais de Aprendizaxe e Competencia Dixital de estudantes en educación obrigatoria”, valorando para iso, a influencia que teñen estas redes no desenvolvemento das diversas dimensións que conforman a competencia dixital.