Please enable JS

Mª Lourdes Montero Mesa

Despacho :52

Extension:13831

ORCID ID  0000-0002-4708-602X

E-mail:lourdes.montero@usc.es

Direccion:Rúa Xosé María Suárez Núñez. (C.Sur) 15782 Santiago De Compostela (A Coruña)

Páxinas persoais:

https://www.researchgate.net/profile/Lourdes_Mesa

http://usc-es.academia.edu/LourdesMonteroMesa

https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=148361

Traxectoria Profesional

Cheguei á USC en xaneiro de 1984, procedente de Madrid, onde vivira os primeiros 12 anos da miña traxectoria profesional, iniciada na UCM en 1972 e compartida coa UNED desde 1974. Foron doce intensos anos de dedicación á docencia, como PNN, no lume cruzado das demandas procedentes da miña dobre condición de profesora "presencial" e "a distancia". As miñas primeiras investigacións están xustamente vinculadas a esa dobre condición da que xurdiu a miña tese doutoral sobre "Necesidades formativas do profesorado".

 

A segunda metade dos oitenta, xa na USC, representa o impulso crecente pola construción do campo da formación do profesorado nun ámbito de coñecemento e investigación. A defensa da miña tese, primeiro, a dirección de tesiñas e das miñas primeiras teses despois, xunto á publicación dos meus dous primeiros libros e a consecución da Titularidade, son algúns dos fitos que dan conta dese impulso.

 

Consolidación, produción e proxección son termos definitorios da etapa dos noventa. Unha etapa fecunda na dirección de teses e proxectos que exploran novas liñas de investigación; o aumento das publicacións; a proxección exterior; a creación do Grupo Stellae e o compromiso con persoas e tarefas.

 

A primeira década do século XXI atopounos traballando. Trala consecución da Cátedra, a miña vida continúa na dirección do compromiso coa investigación na formación e o desenvolvemento profesional do profesorado, un campo de cruces de camiños e persoas e na asunción de novas liñas e retos de investigación no seo do Grupo Stellae.

 

Este breve relato dunha traxectoria inacabada quedaría collo sen referirme ao desempeño da xestión, ese vértice do triángulo nas tarefas do profesorado universitario. Como Presidenta da entón Sección de Pedagoxía, desde 1994; como Decana Comisaria da Facultade de Ciencias da Educación en 1996 e como Directora do Departamento de Didáctica e Organización Escolar desde 1997 a outubro de 2005.