plantilla tabbed
CAMPO OU CIDADE?
 
PROCESO
  1. Dividirédesvos en dous grupos, de tal maneira que haxa o mesmo número de persoas nos 2 equipos:
    • Os que traten o tema do campo chamarédesvos “OS SUPER RATOS CAMPESTRES”.
    • Os que traten o tema da cidade seredes “OS SUPER RATOS URBÁNS”.
  2. Coa axuda das direccións web que vos facilitaremos tomaredes nota da información que vos faga falta para abordar este problema que temos.
  3. Logo, cada grupo elaboraredes unha tabla nun documento Word coas vantaxes e outra cos inconvenientes.
  4. Anotade os factores que poden influír do abandono das zonas rurais e os que influen na aglomeración da xente nas principais cidades de España.
  5. O seguinte paso será, elaborar unha listaxes cos topónimos de vilas e cidades  de España candidatas para a nosa mudanza.
  6. Despois, comentaredes as ideas entre os dous grupos e faredes un debate entre vos para saber se nos convén vivir na cidade ou no campo.
  7. Elaborar un blogue ca axuda do enlace que vos aparece máis abaixo. Para iso, teredes que seguir os pasos que se expoñen a continuación:

          Ó entrar, apareceravos un cadrado amarelo que pon "CREAR UN BLOGUE" e teredes que picar enriba del.

          Logo, escribiredes unha dirección web e un contrasinal que sepa todo o grupo, xa que así poderán todos expoñer as súas ideas e opinións.

          Ó premer unha frecha que pon "CONTINUAR", que se atopa no fondo da páxina; teredes que poñer un nome para o blogue, que será "¿CAMPO OU CIDADE?.

          E por último, deberedes escoller unha plantilla para personalizar o voso blogue; para facer isto, teredes que poñervos todos de acordo.

          E xa teredes o blogue feito!! Agora xa poderedes poñer as vosas ideas e conclusión que sacachedes facendo os pasos anteriores.

 
A vida no campo
A vida na cidade
O campo
O xodo rural
Creacin do BLOGUE
   
   
Webquest elaborada por Vanessa Garcia Ferrol, Noelia Garcia Recarey con