As Plataformas e-learning

Continuando coa miña aprendizaxe persoal sobre o E-LEARNING vou a falar sobre as plataformas. Estas, segundo unha páxina do cnice, son entornos virtuais de aprendizaxe que facilitan as actividades educativas a través de Internet/Intranet. Traten de reproducir as condicións dunha clase presencial e proporcionan aos alumnos as ferramentas para a comunicación e a interacción.

Algunhas das características máis salientables destas plataformas son:

  • Un entorno de ensino-aprendizaxe baseado nun interfaz (comunicación entre dous ordenadores dando unha comunicación entre distintos niveis) de usuarios que permite levar a cabo un proceso de autoaprendizaxe mediante os contidos elaborados polo profesor.
  • Recursos de comunicación e interacción: correo electrónico, espacio de chat...
  • Recursos de seguimento do proceso de autoaprendizaxe: ferramenta de xestión desde a que se observa a función proactiva do titor.

As funcionalidade dunha plataforma e-learning están relacionadas coa autenticidade ao sistema, a xeración e visualización de contidos, a realización de actividades como tarefa, traballos en grupos ou ferramentas de avaliación.

Podemos falar de varios tipo de plataformas:

  • CMS (CONTENT MANAGEMENT SYSTEM Ó SISTEMA GESTOR DE CONTENIDOS): é de uso básico, é usado para proxectos pequenos nos que se precisa xerar o contidos dentro do sistema. Dentro das ferramentas de comunicación pódense atopar os foros, correo electrónico e chats.

Exemplos: PHPNuke, Drupal, Mambo, Content Management Server, CoreMedia

  • CMS LMS (LEARNING MANAGEMENT SYSTEM O SISTEMA GESTOR DEL APRENDIZAJE): é un sistema que está enfocado á área educativa, permite levar o control tanto sobre os contidos como dos distintos usuarios que interactúan dentro del. Os contido cargados son creados de maneira externa con algunha ferarmenta de autoría como Frontpage.

Exemplos: WebCT, Moodle, ATutor.

Referencias: