Rodrigo

Non é posible describir de xeito breve a alguén tan magnánime coma min

sobre o e-learnig

Por Rodrigo

Se buscamos os inicios desta tendencia, seguramente teñamos que remontarnos moito atrá, incluso antes da era dixital, incluso antes de existir calquera aparello electrónico. Ó parecer, existía xa aló polo século XVIII un diario que ofertaba a través do correo postal, material para a autoinstrucción.Esta e moitas outras propostas con esa esencia educativa non presencial que se irían dando ó longo da historia, chegaron ata os nosos días englobándose nun concepto coñecido como e-learnig.

Escapando da análise conceptual (algo que sempre atopo aburrido), atopo preferencia pola análise criterial do que se deriva do feito do e-learning. Entre os aspectos positivos claros están a súa facilidade de uso, a súa boa dispoñibilidade horaria, a amplitude presencial, o seu seguemento rápido e individual, etc. Entre os aspectos negativos podense ditar os problemas técnicos que se poden derivar, a falta de autodisciplina que pode causar, e sobre todo un problema no que me vou centrar: a soledade. E centrome neste aspecto, porque creo que tal vez estea impreso en moitas outros ámbitos do uso dos medios tecnolóxicos.

Ese sentimento creo que se pode converter nun futuro próximo non só nun efecto asumido (o cal sería triste), senon que incluso podería darse o caso de que nos atopásemos máis a gusto coas experiencias illadas do contacto social que co tratamento directo e persoal (o cal sería terrible). 

Por suposto, non quero que se entenda que estas reflexións se entendan como a queima de bandeira do e-learning, xa que toda a amalgama de posibilidades que nos aportan estas experiencias son infinitas e levan funcionando de xeito espléndido sobre todo desde que a tecnoloxía se converteu nun estilo de vida. Simplemente, sempre me gusta profundizar sobre o sentido social que do uso das novas tecnoloxías se derivan.