Día Mundial dos Museos

Hoxe, 18 de Maio celébrase o Día Mundial dos Museos e como contexto educativo que é, aínda que as veces se nos esqueza, decidín facer una pequena reflexión sobre o uso das TIC neste tipo de institucións.

Pola miña experiencia persoal e polo que podo observar nas diferentes webs dos museos máis importantes e máis próximos , en case todas as ocasións as páxinas web limítanse a ter informacións sobre a institución e sobre as actividades que nela se realizan, así como as diferentes coleccións tanto permanentes como itinerantes. Nos últimos anos moitas institucións comezaron a mostrar as súas obras na rede, pero aínda son moi poucas as que o fan, en parte pola problemática dos dereitos de autor. En relación a isto, o grande Google lanza Google Art Project (http://www.googleartproject.com/) onde podemos visitar moitos museos importantes de todo o planeta sen saír do noso fogar.

Esta é unha opción moi cómoda, sinxela e económica de coñecer moitas obras de arte importantes da historia pero a tendencia actual é converter aos museos en contextos de educación dinámicos e non ofrecer simples salas de exposicións solitarias e individualistas, por isto é polo que cada día os museos traballan para realizar diferentes actividades que faciliten a súa apertura a todo tipo de públicos, buscando algo máis que visitas guiadas e actividades escolares.

As novas tecnoloxías pódennos ofrecer moitas alternativas para crear interacción e interese polos museos, ofrecendo aplicacións educativas ou pequenos xogos, como os que mencionaba na miña entrada anterior. En este aspecto, e despois de revisar as páxinas web de diferentes institucións museísticas, pódese dicir que a maioría das institucións teñen páxinas moi sinxelas e que ofrecen moita información sobres as mesmas, algúns incluso ofrecen unha visión das súas coleccións, pero, dos consultados, soamente o Museo do Prado ofrece xogos didácticos (http://www.museodelprado.es/pradomedia/?pm_subcat=12&pm_cat=5&pm_video=on&pm_audio=on&pm_interactivo=on)  e diferentes materiais como vídeos de conferencias e itinerarios con obras comentadas. Tamén chama a atención o minimalismo das páxinas do CGAC e do Guggenheim.

-          Enlaces museos:

CGAC (http://www.cgac.org/)

Museo do Pobo Galego (http://www.museodopobo.es/)

Museo Provincial de Lugo (http://www.museolugo.org/)

Museo Thyssen (http://www.museothyssen.org/thyssen/home)

Museo do Prado (http://www.museodelprado.es/)

Museo Nacional Reina Sofía (http://www.museoreinasofia.es/index.html)

Guggenheim (http://www.guggenheim-bilbao.es/visita_virtual/visita_virtual.php?idioma=es)

Maís enlaces: http://www.mcu.es/museos/index.html

Para os interesados na temática museística déixovos un enlace sobre unha xornada que se realizará na Rede Museística de Lugo a principios de Xuño "Museos en crise? Novos retos, novas posibilidades" (http://museolugo.org/deac/portada.asp)