Día Mundial dos Docentes

image

Esta semana a profesora Lourdes Montero recordounos unha fecha, sobre a cal dixo que era interesante documentarse e investigar xa que estaba relacionada co colectivo sobre o que versa a temática desta materia: o profesorado. Esta en concreto, é sobre o Día Mundial dos Docentes. Pareceume interesante esta cuestión xa que o descoñecía e por iso decidín realizar esta entrada sobre este tema.

En 1994, a UNESCO tivo como iniciativa dedicar o día 5 de outubro como o Día Mundial dos Docentes ou Día Internacional dos Docentes xa que esta fecha conmemora a aprobación no ano 1966 e 1997 da Recomendación conxunta da OIT e da UNESCO en relación a situación docente.  Sen embargo, a principal finalidade é a de render homenaxe á figura dos docentes e destacar o papel tan importante e esencial que desempeñan para lograr unha educación de calidade, así como tamén para denunciar e dar a coñecer a falta de atención acerca das súas condicións laborais e necesidades nos diferentes países.

Cada ano dende 1994 vai acompañado dun lema, sendo o deste ano ¡Inverta no futuro, inverta nos docentes! Este lema significa que proporcionar e garantir formación permanente no profesorado ven sendo unha inversión futura para os países e desta forma tamén se garanten e protexen os seus dereitos como profesionais.

Na miña opinión, con este día pretendese reivindicar a labor educativa e social realizada polos docentes de todo o mundo pero tamén de denuncia no tocante ó baixo rango social que se lles atribúe a estes profesionais. O que se pretende, é concienciar acerca da necesidade de superar os prexuízos e do seu recoñecemento como piares básicos na construción da sociedade presente e futura.

En definitiva, é necesario alcanzar unha educación de calidade que conte con profesores motivados, repaldados, valorados e formados para así conseguir un desenvolvemento sostible da comunidade educativa en particular e no conxunto da sociedade en xeral.

 

BIBLIOGRAFÍA:

Recuperado de: http://www.ite.educacion.es/es/inicio/noticias-de-interes/937-5-de-octubre-dia-mundial-de-los-docentes

Recuperado de: http://www.cinu.mx/eventos/observancia/dia-mundial-de-los-docentes-1/

Comentarios

  • Leticia Gallardo

    Gracias por la información Adriana. Una figura que no es valorada como debería, merece un día en el que se recuerde su labor,  y puedan, como tu comentas, lograr ser valorados para asi aumentar su motivación; pues su labor, la educación, es el motor de la sociedad, que busca a ciudadanos formados. Saludos!