La voz de la experiencia.

Hola a todos!

Haciendo un pequeño paréntesis en la temática de la web 2.0 y las wikis, me pareció buena idea compartir con vosotros una entrevista realizada a una profesora de a pie (de un centro público situado en el rural). Ayer en clase salieron temas muy interesantes y se nos abrieron varios frentes, por una parte el relacionado con la formación y competencia del profesorado. Nos preguntamos si existen verdaderamente esas barreras que les impiden innovar o son ellos mismos las que las construyen. Por otra parte, también mencionamos aunque de forma tangencial las diferencias en cuanto a recursos entre los centros públicos y los centros privados. Estos temas se mencionan en la entrevista que sigue, en ella además se nos muestra opiniones y experiencias en cuanto al uso de las nuevas tecnologías.

Sin embargo, antes de comenzar, me gustaría poneros en antecedentes: hace aproximadamente dos años, en la materia “Diseño e Innovación Curricular” tuvimos que realizar un trabajo cuatrimestral con la temática libre. En aquel entonces, mi grupo y yo ya estábamos interesados las nuevas tecnologías y su aplicación en el aula por lo que decidimos profundizar en el. El trabajo constaba de una breve introducción en la que hicimos un breve recorrido histórico, entrevistas a docentes que utilizaban en su día a día las nuevas tecnologías y finalmente la conclusión a la que nosotros llegamos después de investigar.

A continuación os dejo con la entrevista(extraida literalmente del trabajo y de ahí que esté en gallego)

 

1.- Cómo definirías as TIC?

Como unha serie de axudas e recursos técnicos que considero que poden ser un gran beneficio no proceso de ensinanza-aprendizaxe.  Ademais dese soporte técnico que obligatoriamente conlevan, penso que debemos relacionar as TIC tamén coa busca, análise e selección de información, con que os nenos entren en contacto cos diferentes soportes de dita información e tamen obviamente cun análise crítico e cun uso racional. Non podemos relacionalas simplemente co uso dun ordenador dentro da aula ou cunha pizarra dixital na que de vez en cando poñemos unha proxección, senón que teñen que supor un cambio metodolóxico na práctica diaria.

2.- Por que utilizas as TIC?

Utilizo as TIC desde fai relativamente pouco tempo, porque era algo que me daba medo, pois non me sentía competente como para utilizalas cos meus alumnos, pero considero que a demanda social que considero que cada vez é mais evidente foi a que me obrigou a formarme no uso das TiC e permitiu que me atrevera a usalas. Utilízoas porque penso que me axudan a min como docente e aos meus alumnos sobretodo, creo que consigo que o proceso ensinanza-aprendizaxe sexa mais motivador pero tamén mais eficaz porque me permite chegar aos coñecementos mediante diferentes camiños porque non todos os meus alumnos teñen as mismas capacidades, nin as necesidades nin os mesmos estilos de aprendizaje, e penso que as TIC é outra estrategia máis para poder axudarlles e por iso as uso, pero tamén teño claro que as TIC por si mesmas non fan milagres e que requiren dun traballo moi importante detrás para que teñan o efecto que eu quero nos meus alumnos.

3.- Quen te ensinou a empregar as TIC? Aprendiches só? Foi de modo obrigatorio ou voluntario pola túa parte?

Foi voluntario, porque foi unha decisión que tomei eu e o meu equipo de ciclo, pero a mesma vez creo que foi obligatorio porque penso que a sociedade e os mesmos nenos nolo demandan.  Realmente a miña formación baséase fundamentelame no CEFORE e en actividades nas que participei que iban dirixidas ao uso das TIC. O ano pasado no noso colexio organizamos dous grupos de traballo que iban dirixidos por un lado o uso das aulas virtuais na plataforma moodle dento da paxina web dinámica do noso cole como una ferramenta importante dentro da aula e tamén outro grupo de traballo de elaboración de recursos dixitais propios a través dun software libre que é o LIM que tamén foi algo que nos axudou moitisimo para dinamizar o uso das TIC dentro da aula. Hai ademais unha parte propia lóxicamente, son moitas horas de traballo na casa e de contar con xente próxima que te vota unha mán a que podes acudir cando tes un problema.

 

4.- Que tipo de TIC empregas? Contido audiovisual, ordenador, videos...? 

A nivel de centro, e máis concremente a nivel de ciclo, fíxose un esforzo moi grande a nivel económico para dotar todas as aulas do centro tanto de ordenador como de pizarra dixitais, fixemos unha especie de negociación coas editoriais coas que mercamos os libros, foi a editorial ANAYA a que nos dotou as catro aulas do ciclo de pizarra dixital, o colexio comprou os canóns, dun alto custe, pero que nos permiten sacarlles partido a pizarra dixital, temos ordenadores en todas as aulas e un aula de informática a nivel de centro o que me permite utilizar as tecnoloxias nas distintas formas. Utilizo principalmente a aula virtual, e ten varias finalidades, a primeira tendo en conta que eu son tutora, é de comunicación coas familias, a través da aula virtual teño un contacto diario coas familias, na que lles amoso fotos, videos, fotos dos traballos dos nenos, de todas as actividades do centro…temos un foro, como lugar de encontro onde se plantexan dúbidas, cuestións e comentamos o que acontece ao longo do curso. Ademais ten outras dous funciones importantes: banco de recursos, onde eu semanalmente colgo  enlaces de páxinas webs e recursos de elaboración propias, onde os nenos repasan os contidos que damos na aula e tamén como instrumento de avaliación, ten a posibilidade de crear probas, pero isto e algo que estamos comezando a utilizar en segundo pois en primeiro centrámonos máis en traballar cos nenos para que foran autónomos no manexo da aula virtual, este ano si que será un punto moi importante na avaliación. Temos ademais da aula virtual, o libro dixital que nos facilita a editorial, só temos libro de texto na area de lengua castelá e matemáticas. Por último teño a miña aula organizada por recantos que me permite unha organización do tempo e do espazo moito máis flexible, e o recanto TIC, é o recanto estrela, onde todos queren ir é onde teñen a pizarra dixital e o acceso a aula virtual, nese recanto eles traballan os recursos que eu poño a seu alcance  e repasan os contidos. Ter pizarra dixital permítenos en calquera momento consultar a prensa, ver un video, ver as novas nunha canle de noticias, ver as nosas fotos…Para rematar, ademais de usar a pizarra e libros dixitais, a aula virtual e os ordenadores, este ano no colexio, temos un proxecto moi ambicioso, poñer en marcha unha canle de televisión educativa, onde as TIC son prioritarias, vai a ir dirixida fundamentamente a area de lingua galega, queremos que os nenos adquiran a competencia comunicativo lingüísticas dun xeito motivador e pensamos que a canle de televisión era unha forma moi boa para conseguir que os nosos nenos, falen, escolten, escriban o galego e que o teñan que pór en practica dunha forma motivadora para eles. Estamos no proceso de formación e de posta en marcha, xa levamos feitas grabacions, vamos a artellar dentro das aulas lugar de grabación dos diferentes programas, eles verán unha aplicación práctica das tic dunha forma diferente pero tamén moi enriquecedora para eles.

 

5.- Cales foron as principais dificultades que encontraches á hora de adaptarte ás TIC?

A principal dificultade foi o tempo persoal que me levou aprender a utilizalas, o esforzo e o traballo que me supuxo facerme mínimamente competente nas TIC, porque despois a posta en práctica na aula foi facilísima,  porque é algo que os propios nenos demandan e algo no que os nenos van moito máis rápido que nos, as dificultades que eu tiven, eles non as teñen. É a única dificultade pois hai que ter en conta que conto cun centro que me facilita moito as cousas, dota as aulas dos recursos que precisamos, as TIC requiren unha infraestructura que é preciso ter.

 

6.- En que asignaturas ves máis práctico o uso das TIC?

 En todas. Nos ao traballar por proxectos na área de Lingua galega e Coñecemento do medio teñen máis protagonismo  pois a metodoloxia proxectos basease na búsqueda de información, e se lle preguntas aos nenos onde teñen que buscar información eles antes que nada  din internet. Pero utilizamos as TIC en todas as asignaturas, incluso en Educación Artística.

 

7.- É sinxelo avaliar as distintas asignaturas contando coas TIC?

Bueno, penso que todo é sinxelo e todo non o é ao mesmo tempo. Este ano modificamos a programación do noso ciclo e introducimos uns criterios de cualificación basándonos nas competencias básicas, é dicir dentro de cada área, vamos a avaliar indicadores de cada unha das competencias, e lóxicamente a competencia TIC avaliámola en todas as áreas con indicadores distintos. Intentamos que os indicadores foran os mais obxectivos e o máis fácilmente avaliable, pois senón podía supoñer un problema á hora de levalo a práctica. Penso que se ti traballas coas tic, deberás avaliar utilizando as tic, se os nenos aprenden determinados contidos nunha determinada forma a avaliación debe ser parella. Aínda non o levei demasiado a práctica, pero penso que non vai ser excesivamente complicado, o que me levará tempo será elaborar instrumentos que se adapten aos recursos, pero  como todo será difícil ao principio pero máis fácil despois.

 

8.- Adaptar a túa programación ás TIC, foi sinxelo?

Non, non foi sinxelo, pero máis que difícil foi laborioso. Requeriu que os membros do equipo de ciclo debatíramos, pensáramos…tiñamos claro o que queríamos facer, pero tiñamos que conformalo de xeito escrito (obxectivos, competencias, metodoloxía…) e iso levounos traballo. O cambio metodolóxico foi moi importante e por iso as programacións deixaron de ser válidas. A pesar disto creo que nos enriquceu a todos, pois as horas que adicamos redundan moi positivamente no noso traballo.

 

9.- Cres que utilizas ben as TIC?

Probablemente non, son novata no uso das TIC, e a medida que vou aprendendo decátome dos meus erros, teño claro que non vou ser especialista desde un primeiro momento, pero a única forma de aprender e errando.

 

10.-  Deixaches de utilizar as ferramentas tradicionais? Hai unha coordinación novo-antiguo?

Non as deixei de utilizar, algo que me preocupaba era que o feito de utilizar os TIC perxudicara ao noso alumnado, en canto que aos aspectos que se traballaban de forma tradicional e que a nos nos parecen importantes, puideran perxudicalos. Penso que é importante que escriban e lean en todo tipo de soporte.  O ordenador e a pizarra non pode ser o único soporte, nin aparello. De ahí dúas áreas utilizando libro de texto e dúas áreas que non, porque nos permite traballar o tradicional con o innovador de xeito equilibrado, e creo que no equilibro esta a clave do éxito. É importante traballar tamén de xeito manipulativo, as TIC facilitan o labor as veces, e iso non é que buscamos soamente.

 

11.- Cres que os teus alumnos aprenden máis desta forma, é productiva este tipo de ensinanza? Por que?

Si, senón non o faría, penso que aprenden máis e mellor, pois as TIC o que nos permiten e levar o aprendizaxe significativo  do que tanto falamos á aula, as TIC aproximannos ao mundo, penso que poder aplicar dun xeito funcional os distintos contidos, e que os nenos poidan ou teñan a necesidade de aplicar o que aprenden nas distintas áreas nun contexto globalizado que é o que nos permite e o que nos ofrece as tic, axuda a que os nenos aprendan mellor. Temos claro que un dos principais problemas do alumnado é a falta da motivación, atopamos nenos desmotivados hacia todo o escolar e moitas veces ofrencéndolles o mesmo pero de diferente xeito e máis atractivo pode solventar dificultades.

 

12.- Crees que co apoio das TIC axudas ós nenos a levar de forma máis amena e relaxada os distintos aprendizaxes?

Si, e sobre todo as TIC permiténnos atender moi ben á diversidade.

 

13.- Que crees que aportan as TIC no aprendizaxe?

Sobretodo, motivacion, significatividade, e relación co mundo exterior, co inmediato, esa interconexión e ese enfoque globalizador. Por exemplo,  cando eu cos meus alumnos consulto a rtve para ver que noticia lles chamou a atención ou o google maps, o google earth permíteme darlle  significatividade ó aprendizaxe e iso éalgo importante.

 

14.- Crees que económicamente é rentable o material TIC? (suficiente emprego para o que se invirte…) 

En Galicia hai unha variabilidade moi grande en canto aos recursos TIC que dispoñen os diferentes centros, tamén hai centros que posúen os medios pero non os utilizan e é mal investido. Teño a sorte de estar nun centro que se inverte en TIC, todo o claustro ten claro que é unha aposta polo futuro e é unha  inversión ventaxosa para todos, desde o ano pasado realizase un esforzo económico importante, e a dotación dos ciclos e en gran parte para dotación TIC. O noso participa no proxecto ABALAR polo que supon tamén un investimento moi importante por parte da consellería pero os resultados penso que son satisfactorios.

 

15.- Consideras que todas as escolas teñen o mesmo apoio institucional (económico) con respecto ás TIC? (diferencias público/privado)

Si, todas teñen o mesmo apoio institucional, pois por exemplo o programa ABALAR está aberto a todos, en teoría, pero require duns requisitos minimos que non todos os colexios os cumplen só os máis dotados, polo que son os que máis posibilidades teñen de acollerse ao programa o que non deixa de ser inxusto. A equididade non é algo que prevaleza. Tamén as dotacións económicas nos centros non se xestionan igual, hai quen as utiliza de xeito máis operativo, máis funcional…e centros que non. No que se refire as diferencias entre pública e privada, nos últimos anos a publica está sufrindo un gravísimo empeoramento en contraste coa escola concertada. Penso que a escola pública é un dos eixes fundamentais dentro dunha sociedade de benestar, penso que debe ser a  compensadora das desigualdades sociais e que todos os centros públicos deberían de estar dotados dos recursos precisos. É moi chamativo que os programas de mellora para centros escolares, non só no ámbito TIC, senón, por exemplo para fondos de biblioteca,  existan unhas partidas económicas increíbles para centros concertados e non para centros públicos, co que quero manifestar o máis profundo desacordo e considero que o investimento en TIC non e suficiente nin equitativo, se temos en conta que a escola pública é a escola de todos. 

 

16.- A túa escola, pensas que ten suficiente apoio institucional e esta dotado dos medios necesarios con respecto ás TIC?

Por suposto.

 

17.- Cres que as TIC poden crear diferenzas entre os alumnos?

Intentamos que non, falamos coas familias para sensibilizar a importancia do uso das TIC pero nos atopamos con nenos con familiais sen recursos que non poden ter ordenador na casa. Intetantamos solucionar isto desde o colexio, a primeira canle para solucionalo foi a través do concello, o colexio está nun entorno rural onde veñen nenos de parroquias lonxanas, illadas…pero todas contan con locais sociais, polo que fixemos demanda que esos locais sociais tiveran ordenador con acceso a internet para os rapaces nos que poideran ter acceso a esta tecnoloxía aínda que non tiveran recursos económicos. Dende o centro tamen coidamos que os nenos que non teñen acceso a internet casa teñan maior flexibilidade para usar o ordenador no centro. Eu teño 14 nenos, 12 contan con eses recursos,pero ese dous que non, teñen a súa disposición os ordenadores do centro sempre que queren.

 

18.- Partindo de que os docentes precisan constante formación, como afecta isto ás TIC?

Non todos os docentes están dispostos de igual xeito a invertir o tempo que precisa formarse, pero como docentes temos que ir de acordo coa sociedade que nos tocou vivir e preparar aos nosos alumnos para esa sociedade. Se o obxectivo é formar ciudadanos competentes penso que esa competencia inclúe as TIC, parece impensable que en calquera traballo cualificado non haxa que ter coñecementos acerca dos ordenadores nin que non haxa que ter a capacidade para poder acceder a diferentes tipos de información e obviamente, analizala. Penso que é o futuro e é unha necesidade do alumnado na sociedade do mañá.

 

19.- Que diferenzas encontras nas TIC dende a súa introducción ata agora?

Levo 14 anos como docente e vivín en primeira persoa os incios das TIC, os ordenadores escaseaban, e os canóns e as pizarras tamén todo mellorou considerablemente en sentido técnico, pero non só iso seón tamén mellorou a oferta de recursos online gratuitos, e ademais de gran calidade. Ademais nós, estamos máis familiarizados.

 

Comentarios

  • Marta

    Hola Andrea, 

    Está muy bien poder leer la opinión de una persona que está actualmente metida plenamente en la educación con todo lo que eso conlleva respecto al tema de las TIC. Según lo leído, esta docente está completamente de acuerdo en el uso de las TIC para la formación de los alumnos y las ve como algo bastante positivo. 

    Destaco de toda la entrevista dos aspectos con los que estoy completamente de acuerdo con ella: por un lado, habla de lo trabajoso que fue adaptar sus materias para poder utilizar los recursos TIC en ella, problema que considero que ocurre muy frecuentemente, como dice ella, más que difícil, es laborioso, y no todos sus compañeros están dispuestos a inventir su tiempo en aprender a hacerlo ni en llevarlo a cabo. 

    Por otra parte, habla también de algo que mencionábamos ayer en clase, la idea que se suele tener que utilizar las TIC implica completamente abandonar el formato papel en las aulas, y ella considera que, en el equilibrio entre las dos es donde está la clave del éxito. Lógicamente. Lo que pasa es que las personas solemos pensar en los extremos en todo en general, o usamos solo TIC o usamos solo papel. Pues no. Lo importante será equilibrar ambas para lograr recursos de aprendizaje lo más útiles y provechosos posible. 

    Reiterándome en lo dicho, creo que todos tenemos bastante confusión a la hora de posicionarnos hacia un lado u otro en cuanto a la utilización, si es bueno o malo, si los docentes tienen suficiente formación o no, etc. Es un tema con cierto grado de complicidad que subscita bastantes críticas.

    Muy interesante tu entrada! 

     

  • Andrea Fernández López

    Muchas gracias por tu aportación, Marta!

    Intentaba con este ejemplo mostrar que a veces querer es poder y aunque puede suponer un gran esfuerzo, merece la pena. 

    Un saludo!Laughing

  • Eloy Muñiz Romero

    Finalmente me he decidod a leer la entrevista :)

    Guau! De verdad que me quito el sombrero con esa profesora! Hay dos cosas, de entre los muchos temas que hay a lo largo de la entrevista, que me gustaría resaltar. 

    La primera de ellas es la constante insistencia de la profesora por resaltar que la educación a de adecuarse a los tiempos que corren. Es cierto que en ocasiones adaptarse a determinadas herramientas nuevas puede ser laborioso, pero la realidad es que uno no puedo obcecarse en permanecer en una época a la que no pertenece. Las nuevas tecnologías están presentes en cada día de nuestra vida, los niños las conocen y las usan entonces, ¿por qué no usarlas en el aula? Ella menciona que observa que sus alumnos aprenden mejor utilizándolos y da una de las claves de ese éxito; la motivación que supone para un niño trabajar con este tipo de herramientas.

    La segunda cosa que me gustaría resaltar es el esfuerzo por adaptarse. Es fácil decir: "es demasiado difícil aprender a utilizar el ordenador, utilizaré el libro como siempre he hecho". NO! NO! Y NO! Por esa regla de tres, en el 2056 seguiremos utilizando bolígrafos, libretas y libros de texto en clase única y exclusivamente. Los tiempos cambian, los seres humanos y sus necesidades también, y los niños de hoy en día están hartos de hacer cada día lo mismo en el colegio. La tecnología nos brinda la posibilidad de cambiar eso, de introducir nuevas herramienta muy útiles y eficaces, para trabajar con los niños y brindarles un aprendizaje más divertido, más dinámico y sobre todo, los niños se sentirán much mas identificados con la forma de trabajar en el aula favorenciendo un aprendizaje mucho más significativos. 

    Nadie dice que los cambios sean fáciles, pero si esos cambios mejoran las cosas merece la pena hacer el esfuerzo.

    Buen trabajo Andrea! ;)

  • Zoraida Golobardas Magdalena

    Son varias los aspectos que destacaría de esta entrevista, pero sería repetir lo que, en cierto modo, recogieron tanto Marta como Eloy en sus comentarios. Es por ello por lo que me gustaría comentar la siguiente frase, cogida literalmente de las palabras de la profesora entrevistada: 

    "(...) creo que no equilibrio esta a clave do éxito"


    QUE GRAN VERDAD! A menudo, tal y como ella también muestra, adoptamos posturas demasiado extremas sin darnos cuenta que entre el blanco y el negro (por poner un ejemplo) hay una extraordinaria gama de grises. Para apreciarla no solo debemos abrir bien los ojos, sino que también debemos llenarnos de ilusión, de ilusión por saber pero sobre todo por enseñar.

    Enhorabuena por esta pedazo de entrada Andrea, un saludo Smile

  • Andrea Fernández López

    Eloy, gracias por el comentario. Me alegro de que al final te decidieras a leer esta entrada tan extensa y también de que gustara!! Obviamente, opino lo mismo que tú. Tenemos que hacer el esfuerzo de adaptarnos a los tiempos que corren!

    Un saludo! 

  • Andrea Fernández López

    Muchas gracias por tus palabras, Zoraida! Yo también creo firmemente que usar las nuevas tecnologías y los nuevos recursos no implica abandonar los recursos tradicionales. (Como también creo que utilizar las nuevas tecnologías no implica innovar ni necesariamente mejorar el proceso de enseñanza aprendizaje.) 

    Debemos buscar el equilibio:  "In medio virtus".