Como superar o malestar docente?

Nas sesións pasadas dos días 15 e 16 de outubro traballamos acerca da Profesión Docente. A raíz disto, xurdiu unha cuestión que me parece de gran interese en relación co malestar docente polo que decido facer unha nova entrada a rede tratando este tema.

O malestar docente é unha problemática moi común que os docentes poden sufrir, que se traduce en actitudes de desmotivación e éstrese, tratándose dun problema profesional e social considerable.

Esteve é unha personalidade das que máis investigou o tema do malestar docente, considerándoa como unha profesión ambivalente porque existe un forte compoñente vocacional que os fai sentirse útiles na sociedade e que poida inducir a á autorealización e satisfacción persoal. Sen embargo, o propio Esteve tamén afirma que existen  elementos negativos que poidan conducir cara desequilibrios persoais e emocionais porque o seus esforzos e traballos non son recompensados, entrando así en contacto co período de malestar ó aparecer diversos trastornos.

Varios estudos e investigacións demostran que a situación de malestar prodúcense por varios factores que sen embargo poden ser mitigados. Entre estes destacan:

- Non adaptación dos estudos universitarios ás novas tecnoloxías, necesidades e problemáticas sociais polo que os docentes carecen de estratexias para afrontalos.

Unha solución posible consistirá en que por parte da Administración educativa se propoñan programas de formación que doten os docentes de habilidades relativas ó emprego de instrumentos útiles na súa labor educativa, dende un punto de vista tecnolóxico e social.

- Desprestixio social dos docentes, culpándoos dos fracasos do sistema e desvalorizando os seus dereitos por parte da administración, os alumnos e as familias.

Os traballos de innovación na docencia e a posta en práctica de campañas de publicidade serían un boa vía para fomentar a valoración e respecto dos docentes en relación o seu recoñecemento laboral e social.

- Custionamento da capacidade de autoridade e coñecemento dos docentes por parte do alumnado.

A mellora desta situación estaría nunha maior implicación das familias na educación en canto a valores de respecto e tolerancia. Por parte do docente sería interesante que adquirise certas habilidades sociais baseadas na mellora das relacións entre ambos colectivos.

- A falta de motivación ante os estudos sobre todo nas últimas etapas educativas obrigatorias son outro problema. A obriga de ter que cursar estudos ata os 16 anos fai que se creen tensións que provoquen problemas de conduta e enfrontamentos continuos entre alumnos e profesores.

Apostar por unha educación baseada na ensinanza participativa e motivadora, onde as novas tecnoloxías teñan un papel decisivo para a motivación do alumnado axudaría a reducir as tensións existentes.

- A presenza de grupos tan heteroxéneos non permiten unha educación personalizada imposible de realizar  ó haber un total de 25 ou 30 alumnos por clase e tan pouco persoal docente contratado.

Unha medida de solución consistiría en reducir o ratio e unha maior flexibilidade para agrupar ó alumnado, así como aumentar o número de profesores especialistas e de apoio nas aulas.

- As familias renuncian da súa responsabilidade educativa crendo que é unha obriga das escolas. Sen embargo, a un mesmo tempo critican e desvalorizan a labor destas.

Para iso será preciso concienciar as familias de que a formación integral dos seus fillos corresponde tanto a familias como educadores.

- A escasa inversión económica impide dotar ás escolas de medios para desenvolver de forma óptima a súa labor.

É necesario que a administración se conciencie de que os gatos en educación significan unha inversión para o futuro. Polo que deberían imitar as accións doutros países europeos, como por exemplo de Finlandia.

- Dotar os docentes de estratexias de cara a resolución de problemas ou conflitos grupais, superando así sentimentos de inseguridade.

- Combinar o traballo intelectual co burocrático son outras dificultades. O profesorado ten que dedicar demasiado tempo a realización de informes, avaliacións… restrinxíndolles tempo de dedicación as súas labores educativas, sendo estas totalmente estresantes e insatisfactorias.

A solución radicaría en contratar especialistas asociados a estas tarefas para que as realizaran.

- A crises económica está prexudicando á educación pública e a súa vez ó profesorado que ve o seu ámbito de traballo debilitado e alterado por causa dos recortes (masificación das aulas, empeoramento das condicións laborais…) son o colmo deste malestar.

En definitiva, de acordo con Esteve e Contreras penso que a solución a estas problemáticas non dependen nin poden ser controladas unicamente polos docentes senón tamén por outros colectivos e organismos alleos ó ámbito educativo.

Esteve ofrécenos  unha serie de pautas para reducir ou previr o malestar docente entre as que se destacan: formación inicial do profesorado, formación permanente, estudo da saúde emocional e beneficios do traballo cooperativo ou programas específicos de prevención.

Na miña opinión, canta maior implicación, comprensión, preocupación, conciencia e interese exista por parte das administracións, familias, alumnos e no conxunto da sociedade en xeral pola situación que a veces o profesorado ten que afrontar, é dicir, mostrar o seu apoio e consideración,  sería máis doado para que estes se sintan respaldados e fortes profesionalmente, pois deste modo, os procesos de ensino-aprendizaxe  tamén se verán moito máis produtivos, sacando así o máximo partido das experiencias educativas.

BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA

Esteve, J.M. (1987) El malestar docente. Barcelona: Laia.

El malestar docente. Temas para la educación, revista digital para profesionales de la enseñanza (21). Recuperado de: http://www.feanandalucia.ccoo.es/plantillai.aspx?p=10&d=22

http://www.herramientasparticipacion.edu.uy/index.php?option=com_content&view=article&id=300&catid=99&Itemid=337

 

Comentarios

  • Angela Rodriguez

    Boas Adriana!

    Unha interesante aportación, xa que aparte das consecuencias que acarrea este síndrome, deches coas posibles solucións para combatir ese malestar docente. Penso igual ca ti que estos problemas necesitan a axuda por parte da administración das familias, dos alumnos, do colectivo do profesorado, profesionais, xa que os profesores que posúen este problema non poden solucionalo solos.

    Un saúdo!Smile

  • xeila raposo rodríguez

    Hola (: Ha sido muy interesante todas las medidas posibles que has comentado para la resolución de los síntomas de malestar en lo profesores. Según mi perspectiva, lo que tiene más peso y efecto son las creencias que poseen cada uno particularmente que afectan en las conductas que se refieren a la percepción de la propia eficacia. Desde este sentido, por ello es importante intentar resolver este conflicto impulsando la autoeficacia del docente, que le ayudará a integrar ciertas actitudes y habilidades mediante las cuales será el perfecto gestor de su aula. Según Jares (1997), para enfrentar el conflicto se deben analizar y conocer las propias actitudes. Un saludo

     

  • Leticia Gallardo

    Parécenme moi boas esas medidas que aportas para superar o malestar docente, Adriana. Unha vez máis, a formación xoga un papel crucial e, como ben citas a Esteve, él mesmo sitúa a formación inicial e permanente como parte dunhas pautas para poñer fin ó malestar docente. Non obstante, a implicación xeral da sociedade que ti comentas, considero que tamén é un piar básico. Saúdos!!! ;)

  • Tania

    Son medidas que pueden ayudar totalmente a los docentes de la actualidad, al igual que Leticia creo que lo más importante es la formación permanente que estoy ayuda a los profesores a ganar seguridad en si mismos y a disminuir este malestar docente.

  • Nahyr

    Estou completamente dacordo coas ideas que presentas e ó igual ca ti creo que é de vital importancia que exita unha concienciación por parte da sociedade en xeral e das Aministracións acerca da importancia da profesión docente para deste xeito poder traballar ó unísono e paliar eses efectos que poden ser causantes do malestar docente. Ó mesmo tempo considero que tanto a formación inicial como a formación permanente do profesorado son o factor clave desta cuestión, posto que se temos profesores formados e conscienctes da realidade social que os rodea estes serán máis capaces de evitar un pouco ditos factores.

    Saúdos ;)