Existe un escaso recoñecemento social do docente?

Existe un escaso recoñecemento social do docente?

O orgullo persoal do traballo ben feito vese apagado polas poucas expectativas de promoción e sobre todo polo escaso recoñecemento social do mestre como traballador, como persoa. Segue vixente o tópico das “longas vacacións do mestre”. Que curiosamente o Goberno actual “explotou” para xustificar os recortes salariais aos docentes e engadir máis carga de traballo: aumentando as horas lectivas, as materias a impartir, a ratio, etcétera.

A valoración e o froito da súa labor non son inmediatas, de feito poucos alumnos satisfeitos llo amosan aos seus mestres. Todo isto, xenera esgotamento físico e emocional, irritabilidade, despersonalización, tristura, desmotivación e ansiedade. A merma de autoestima pode levar ao docente a un estado no que lle resulta difícil recoñecer os seus éxitos, magnificando os erros. A sensación de fracaso profesional e a insatisfacción co traballo pódeo levar a adoptar unha actitude moi crítica co seu entorno laboral á vez que carente de propostas. O absentismo, o abandono ou a xubilación anticipada (como comentei no artigo anterior) comezan a barallarse como saídas a unha situación que o sobrepasa.

Sen embargo a sociedade ve ao/á docente como unha figura imprescindible no sistema no que vivimos así como ao doutor/a. O erro poderíamos atopalo na despersonalización da función docente e na falla de recoñecemento social da comunidade cara esa persoa que obtivo bós resultados cos seus alumnos/as, que se implicou e cuxo traballo é plausible e mais duro do que se cre.

 

Documentación de interese:

www.rieoei.org/deloslectores/1341Ayuso.pdf

www.uv.es/seoane/boletin/previos/N100-3.pdf