A inestabilidad do sistema educativo español.

Durante os 40 anos de democracia que levamos vivido no noso país vimos como pasábamos por múltiples cambios no sistema educativo.

Foron numerosas as leis educativas que saíron á luz en tan só 40 anos, en concreto sete leis e unha futura oitava, ademáis das múltiples reformas que se soen dar dentro destas.

O cambio en sí non é malo, cando falamos en clase de avance , formación continua e innovación estamos falando de accións que implican cambios. Pódese decir que todo avance é un cambio, pero non todo o cambio é un avance, e é aquí donde radica o principal problema do noso sistema educativo.

Está máis que claro que o noso sistema educativo precisa de cambios, resultados como os do informe PISA así o confirman. Ocupar postos tan baixos en comprensión lectora e competencia matemática non pode ser boa sinal.Dito problema vese agravado cando os cambios que se realizan no sistema educativo non son cara adiante, senón que són, digamos, cara aos lados ou cara atrás.

A educación acabouse convertendo nunha baza empregada na política, todo partido presenta nos seus programas unha reforma educativa, e isto provoca que cada certo tempo o sistema educativo remodelado, especialmente con cambios de goberno.

O problema está en que a educación non é algo no cal se obteñan resultados inmediatos, a maioría das reformas e propostas, sexan boas ou malas, requiren de tempo para que dean os seus froitos, tempo co cal case nunca contan.

Esta inestabilidade afecta de igual maneira aos profesores, como é posible formar a profesores para un sistema educativo que está nun cambio constante?

A primeira resposta máis lóxica sería precisamente mediante a formación continua, sen embargo xa vimos que este tipo de formación soése descoidar bastante, ademáis de que con tanto cambio pronto quedaría obsoleta.

Todo isto da pé a reflexionar o porque de tanto cambio.Na miña opinión o motivo é a pouca importancia que se lle da á educación no noso país. Sería impensable que tanto cambio se dera por exemplo no sistema público sanitario, as consecuencias serían catastróficas. Do mesmo modo, en educación, os resultados son moi malos, pero soen pasar desapercibidos e non causan tanto impacto.

Pode ser que a solución a isto fose que os políticos se puxeran de acordo e, asesorados por expertos en educación, crearan un sistema educativo neutral e de calidade que poidese perdurar no tempo, pero isto seguramente sexa unha utopía.

Comentarios

  • Olaia Gude Urdangarín

    Boas Iván

    Moi boa reflexión, estou totalmente de acordo en que formar ó profesorado nesta situación é moi complicado, e xa non só iso, se non tamén acadar unha educación de calidade é un feito que nun mar de reformas educativas non é moi doado.

    Neste senso, atopei esta noticia que me parece moi interesante para este caso http://www.elimparcial.es/noticia/124017/nacional/Por-que-es-tan-dificil-un-gran-pacto-educativo-en-Espana?.html 

    Nela dise que é moi probable que a lei que se está a implantar este curso (LOMCE), é moi probable que sexa derrogada en canto suba ó poder outro partido, de feito, o Partido Socialista no seu momento xa se pronunciou en contra desta lei.

    Isto como ben dis, dificulta moito unha certa estabilidade no noso sistema, que conta con altos índices de fracaso escolar, e sí, penso que o primeiro paso sería que as políticas educativas quedaran definidas consensuadamente e coa opinión e axuda do profesorado.

    Non é sinxelo, pero tampouco imposible se botamos a vista a otros países coma Finlandia, no que esto si que se ten acadado.

    Un saúdo!