REFLEXIÓN INTERACTIVA 27.FEBREIRO.15

Na interactiva do pasado Venres 27 de Febreiro, estivemos facendo un percorrido por múltiples ferramentas que nos achega Internet, as cales a maioría descoñecía no meu caso, para mellorar o noso PLE. Confúndome, non é necesario melloralo, pois cada un ten os seus recursos para aprender, pero sempre existen moitas ferramentas que nos poden servir de moita axuda. Por iso, encantoume a clase, e era un deses obxectivos que me propuxen de cara a materia. Gústanme bastante os ordenadores, pero nunca me propuxen aprender demasiado sobre eles, por iso este tipo de sesións son moi interesantes para min.

Agora a pregunta é, de que me serviron toda esa serie de ferramentas que traballamos na clase? Vou dividir o traballo en tres bloques, segundo os aspectos do noso PLE aos que nos poden axudar:

  • LER/ VER/ ESCOITAR:
  1. Google Académico: Pois realmente creo que sirve para facer uns traballos sustentados en artigos de real interese. Pois no meu caso, moitas dúbidas que teño facendo traballos as soluciono lendo cosas en Internet que non sempre son de todo certas ou están escritas por calquera persoa que non necesariamente sabe sobre o tema. Ademais, os recursos das citas e de gardar artigos son moi valiosos para estar seguros de que seguimos as normas na realización de traballos.
  2. Google imaxes: Unha ferramenta moi útil para coñecer lugares dos que non dispoñemos referencias. Sería moi interesante facer unha actividade cos nenos con isto.
  3. Google tendencias: Impresionante todo o que Internet sabe sobre nós. Neste caso, non lle atopo máis utilidade que poder estar ao tanto das noticias e do que se fala no mundo.
  4. Canles de Youtube: Unha ferramenta que xa coñecía, pero que realmente non utilizo moito. Sen embargo, a nosa busca sobre Educación Infantil levoume a vídeos que me pareceron bastante interesantes, e que seguirei vendo.
  5. Newsletters: Neste caso tamén o coñecía, e sen embargo, non me gusta moito esta ferramenta. Xa me chegan ao correo este tipo de actualizacións de páxinas, e a pesar de ser páxinas que me resultan interesantes, nunca abro os correos que me chegan.
  6. RSS: Este recurso, pensaba que era o mesmo que as Newsletters pero despois desta clase, paréceme moi útil tanto para min (ocio, educación, actualidade), como para os nenos. Xa que poderíase crear un (no que poden participar os pais), e sobre o cal traballemos na aula.
  7. Marcadores sociais (como Delicious): Neste caso, ao igual que as Newsletters xa o coñecía e non me acaba de convencer. Sigo preferindo anotar na axenda as páxinas que me interesan, ou simplemente en favoritos.

 

  • REFLEXIONAR/ REESCRIBIR/ VOLTEAR:
  1. Scoop.it: Inscribinme e paréceme unha ferramenta moi boa para buscar artigos para traballos ou temas que nos interesen contrastados por outras persoas, xa que penso que os enriquece moito.
  2. Storify: ¡Cantos recursos que descoñecía! Esta ferramenta recórdame ao blog que tiña o colexio ao que fun de prácticas, por iso viñéronme á cabeza moitas formas de aproveitalo nunha aula de infantil, conseguindo establecer comunicación coas familias.
  3. Google Drive: Cando fixen bacharelato utilizamos un pouco esta ferramenta, pero naquel momento non lle vía moita utilidade. Agora, debido a cantidade de traballos que facemos en grupo (practicamente todos), e ás dificultades que supón moitas veces reunirse coa xente, paréceme unha forma moi cómoda de interactuar cos nosos compañeiros de traballos.
  4. Cmap Tools: Recurso que xa utilizaramos noutra materia, e que sen embargo, non me resultou doado de utilizar. Neste caso, quedo co tradicional e cos meus esquemas a papel.

 

  • COMPARTIR:
  1. Wordpress: Outra páxina web que me parece moi interesante para utilizar como mestra, pola súa sinxeleza.
  2. Bloguer: Ao igual que o anterior, podería servirme nun futuro. Agora non me vexo con ganas de comezar algo así, pero leo moitas veces blogs de mestras, e me parecen un recurso moi interesante. Compartir o teu traballo serve de idea a moitas outras experiencias.
  3. Twitter: A idea de crear listas pode ser útil para conseguir no teu Twitter persoal seguir outro tipo  de aspectos que non están por exemplo, relacionados co teu ocio.

 

En xeral, ferramentas todas moi interesantes. Agora que acabo esta reflexión, creo que podería utilizar moitos destes recursos para ampliar o meu PLE, e conseguir un aprendizaxe máis amplo e variado. Estou segura de que utilizarei máis dunha destas ferramentas a partir de agora. Polo tanto, unha clase da que me levo un aprendizaxe práctico que é o que moitas veces nos falta.