Avaliación da materia: comentarios

Ao leer a táboa de criterios e indicadores polos que se nos avaliarán nesta materia, hei de dicir que me da un poquiño de miedito o que nos poderán deparar. Como veredes, está dividida en seis indicadores:

  • Análisis do proceso de aprendizaxe
  • Continuidade no desenvolvemento
  • Análisis das evidencias que se presentan e o significado construído con elas
  • Utilización social da rede
  • Variedade e diversidade dos elementos documentaiss presentados e a súa coherencia coa proposta

Á súa vez, cada un deles puntuarásenos cun mínimo de un e un máximo de cinco puntos, dependendo do uso, coherencia, relación, interacción cos compañeiros ... que lle estemos dando  esta rede social e de aprendizaxe. 

Considero, que estamos acostumados a traballar dunha maneira totalmente diferente. Estamos moi afeitos a que nos manden traballos e nos resolvémolos pouco antes de entregalos (a maioría da clase faino, non o neguedes). O "problema" co que nos atopamos agora é que, partindo desta avaliación, vamos ter que currárnoslo moitísimo. Tantas veces como entremos en Facebook día a día, vamos ter que andar por aquí tamén. Substituirémos, ou complementaremos, os me gustas das fotos e os comentarios nas nosas publicacións en Facebook, Instagram ou Twitter, por likes e comentarios aos nosos textos e publicacións na rede Stellae. 

Penso que o plantexamento dos obxectivos está ben estruturado, xa que nos da unha perspectiva diferente de traballo, totalmente online, e obriganos a traballar día a día para darlle sentido aos nosos perfiles. Vexo, sen embargo, un pouco complicado a consecución da esixenxia en coherencia entre as publicacións que se nos esixe. É dicir, é moi difícil, na miña opinión, desenvolver unha historia continuada de publicacións de clase, propias, comentarios aos demáis (¡tendo que ser críticos tamén!), reflexións e outros traballos. Quero dicir, se te olvidas uns días disto, pasas unha semana realmente ocupada, ou calqueira outra situación que se poida dar, a historia do noso perfil podería non ser tan continuada como un quixese. E isto non implica que a nosa páxina sex amala porque non esté funcionando ao 90% (non digamos xa ao 100%) tódolos días; aínda que teñanmos un par de días de funcionar ao 40% non creo que pase nada, se non se nos vai das mans, digo eu. 

Comezo a escribir e líome. Asique, por suposto, unha vez que collamos o ritmo da páxina todo irá sobre todas. 

Ánimo chic@s, ¡todo esforzo ten a súa recompensa! Wink

Comentarios