Crowdsourcing

Gustaríame facer  unha pequena reflexión acerca da clase expositiva do 17 de marzo.

Ao longo da historia, os suxeitos e a Ciencia foron construíndo coñecemento referente a unha gran amplitude de temas. Pero, cal é a base deste coñecemento?

A información ten un papel decisivo neste caso. Esta, composta de datos, é a base do coñecemento, pero só unha vez que estea organizada e parta de experiencias; senón, non significa coñecemento e soamente cubre a necesidade vital de estar informados.

O problema que xorde coas novas tecnoloxías é que o ritmo de creación deste coñecemento avanza a grande escala. Por iso, o coñecemento está en permanente cambio

zPara isto, é importante outro tipo de coñecemento que se manifesta no libro de Riesgos y Promesas de las Nuevas Tecnologías de la Información de Burbules y Callister (2001). Necesitamos saber cómo buscar a información  e adquirir habilidades que me permitan traballar os coñecementos.

Nesta liña, compartir e crear coñecemento dunha maneira conxunta é unha posibilidade que nos ofrecen as novas tecnoloxías.  Para iso necesitamos os coñecementos abertos aos cales tería acceso a comunidade, para posibilitar este punto.

En relación con isto gustaríame falar do Crowdsourcing.  Segundo a Wikipedia, significa “Crowdsourcing (del inglés crowd –multitud– y outsourcing –recursos externos–) se podría traducir al español como colaboración abierta distribuida o externalización abierta de tareas, y consiste en externalizar tareas que, tradicionalmente, realizaban empleados o contratistas, dejándolas a cargo de un grupo numeroso de personas o una comunidad, a través de una convocatoria abierta.”

Para comprendelo dunha maneira máis clara déixovos este vídeo, o cal explica o termo dunha maneira xeral e amosa varios exemplos: 

Espero que vos sirva de utilidade!