Código Cero-Diario Tecnolóxico de Galicia

 

http://www.tdtgalicia.es/ntdt/rssimagen/codigocero.png

A golpe de luns non está mal coñecer un novo diario para estar ao tanto de novidades en torno ás TIC. Trátase de CÓDIGO CERO- Diario tecnolóxico de Galicia, unha revista realizada en Santiago de Compostela que diariamente brinda novas tecnolóxicas na súa edición dixital e no seu facebook e mensualmente realiza unha publicación impresa coas máis interesantes. Ten xa longa traxectoria, pois na súa versión impresa levan xa publicados 140 números, os cales podedes atopar e descargar en formato PDF na súa Web (no apartado Edición impresa); é pois unha pequena hemeroteca relacionada coas TIC: http://www.codigocero.com/;

Na súa edición dixital conta con  cinco seccións de información cuxos epígrafes nos dan unha idea (aínda que moi sumaria) acerca dos contidos que podemos atopar: Novas; Gadgets; Videoxogos; Edición Impresa; Top 100. Asimesmo,  está páxina conta tamén cun twiter que vai incorporando novas aínda máis "frescas" e informa de todo tipo de eventos, moitos deles relacionados con oportunidades de formación en relación coas TIC, formación dixital para emprendedores, marketing dixital etc.

image(Esta  é a portada da última edición impresa de Codigo Cero.)

Penso que este Diario resulta resulta un recurso moi útil porque ademáis de manternos informados de novas xerais relacionadas coas TIC, dan espacio privilexiado ao que se "move" neste sector en Galicia, de feito que soen informar tamén sobre seminarios, webinarios, eventos, grupos de traballo, así como da actividade e labor de organismos tales como:

Amtega: Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia

Grandiant:Centro Tecnolóxico de telecomunicacións de Galicia

Eganet: Asociación de Empresas Galegas que desenvolven sofware ou servicios TIC

Citius:Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información

Así que si queredes información de actualidade internacional, nacional e local xa sabedes...só vos queda filtrar e seleccionar á información que sexa do voso interese.

Tamén, ademáis de páxina web e facebook (https://www.facebook.com/codigocero), dispoñen dunha app que podedes descargar na App Store de Apple, na tenda de Windows Phone ou ver no kiosko da Google Play Store.

Bótadelle un ollo porque estou segura de que vos vai a sorprender!!

 

 

Comentarios