• Blogs
  • Sandra
  • As TICS permítenos descubrir grandes proxectos.

As TICS permítenos descubrir grandes proxectos.

Por Sandra

Este sábado vendo a televisión mentres comía (acción que ai uns días nunha reflexión dicía que consideraba non axeitada, e sigo considerando, pero depende do que se este vendo e do uso que fagas desa información. Neste caso, considero que foi bastante produtivo, xa puiden ver noticias moi interesantes para esta materia e para o meu futuro traballo) vin unha noticia que me pareceu emotiva, e sobre todo moi moi interesante.
Esta noticia preséntanos o gran traballo que uns profesionais realizaron na asociación de pais de discapacitado de Teo. Esta asociación cumple 20 anos, polo cal decidiron crear un documental sobre o traballo que realizan, as actividades das persoas que utilizan esta asociación. Coa finalidade de mostrarnos á xente que cada vez teñen menos límites.
O título deste documental é discapacidade non e incapacidade, frase que me pareceu moi interesante e apropiada para este documental, o cal, a parte que nos mostra na noticia, demostra que o título é o axeitado.
Pareceume moi importante a idea, que comenta unha mestra deste centro. Un dos seus obxectivos e fomentar a autonomía destas persoas, podendo valerse por si sós, aspecto que considero moi beneficioso para todos, independentemente da idade, xa que sentirte dependente dunha persoa afectará a forma de verse a si mesmo, as persoas que te rodean e a propia vida.
Pareceume moi interesante a reflexión que fai un chico, xa que considero que moitas persoas da sociedade actual deberían pensar igual que el, con algo máis de axuda poden realizar as mesmas cousas que outra persoa calquera, e que todas as persoas do mundo temos limitación.
Este vídeo fíxome ver máis claramente as posibilidades de traballo e de aprendizaxe que estas persoas poden levar a cavo e chegar a conseguir, ao mesmo tempo a gran implicación emocional e afectiva que un mestre ou mestra pode chegar a ter cos seus alumnos ou alumnas, aspecto que me parece fundamental e moi importante.
Quero vincular esta noticia coas novas tecnoloxías, xa que grazas a elas puiden ver o gran esforzo e os logros tanto dos profesionais como das persoas que utilizan estas instalacións.
Non só debemos destacar as partes negativas ou os usos académicos e formativos das novas tecnoloxías, senón que un aspecto positivo das novas tecnoloxías, e sobre todo neste caso da Internet, e a posibilidade que ofrece a hora de transmitir información a unha gran cantidade de persoas, e poder difundir unha idea ou información que nestes caso e moi necesaria e e marabillosa.

Enlace para ver a noticia:
http://www.crtvg.es/informativos/aspamite-celebra-20-anos-cun-video-sobre-a-superacion-dos-usuarios-1093604