innovación educativa

Botando unha ollada á edición dixital da Voz de Galicia atopeime con esta noticia sobre a innovación educativa, onde se lle concede un papel importante ás novas tecnoloxías propiciando un cambio no modelo de aprendizaxe. 

Na actualidade, a acceso ás novas tecnoloxías crece a paso axigantado. Cando eu estudaba no colexio, o número de ordenadores que se encontraban no colexio era mínimo, mentres que agora os alumnos teñen un ordenador para sí sos. Polo tanto, ¿ de que xeito aprobeitar as potencialidades que nos ofrecen as novas tecnoloxías? Coido que se debe propiciar o traballo autónomo do alumno, tendo o profesor un papel importante pero máis como unha figura de apoio que como transmisora de contidos.

Na noticia fálase do coñecemento dos continentes de África e Asia a través dun xogo elaborado coas novas tecnoloxías. Penso que a aprendizaxe con este método favorece que o alumno asocie cada pais co lugar correspondente, favorecendo o recordo e a aprendizaxe do mesmo. Sen embargo, empregando un mapa conceptual tradicional, o alumno precisará dunha visión do mesmo, ademais de ser necesario memorizar cada un dos territorios para poder recordalos. 

Se tal innovación se produciu en Barcelona, ¿porque non favorecer a súa expansión polo resto de comunidades? Coido que para iso son necesarias unhas políticas educativas responsables na mellora da educación, favorecendo unha distribución equitativa dos recursos dos que se dispoñen. Por outra banda, tamén sería necesario crear a motivación necesaria no corpo docente para favorecer a súa implicación en ditas medidas.

image

Escollín esta imaxe, polo feito de que moitas veces se achaca os malos resultados dos alumnos ao pouco esforzo que realizan coas súas tarefas escolares, sen facer unha reflexión acerca de se as prácticas educativas que se están levando a cabo son as adecuadas para propiciar  o interese por aprender dos alumnos. 

fontes:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2015/04/19/barcelona-laboratorio-educativo-trabajar-proyectos/0003_201504G19P2991.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/Ley_Org%C3%A1nica_para_la_Mejora_de_la_Calidad_Educativa

http://odiseo.com.mx/tema/pedagogia

Comentarios

  • Beatriz Souto Rial

    Boas David! Revisando un pouco o que escribiches sobre as novas tecnoloxías gustaríame non só dicir que no meu caso, cando cursaba a educación primaria e secundaria, non só non había nin un ordenador por aula senón que, ademais, só contábamos cunha sala de informática con ordenadores insuficientes para todos os alumnos dunha aula.

    Outra cousa que me gustaría compartir e que considero que é importante neste avance dos últimos anos é que a calidade do ensino- aprendizaxe respecto a esta temática mellorou notoriamente.

    Antes, íamos as aulas de informáticas e o único que facíamos era, como moito, revisar as dúas primeiras buscas que realizábamos en Google e ver vídeos en Youtube. A maioría dos profesores non lle sabía facer fronte a estes novos recursos.

    Pola contra, como ti comentas, os recursos en materia de novas tecnoloxías van en aumento, e a formación dos profesores tamén. Aínda así, queda moito por mellorar. Aínda que as TICs se van implantando dunha maneira notoria nos centros educativos,  queda moito percorrido para alcanzar unha boa competencia dixital en todos os ámbitos. 

  • david reboredo gutiérrez

    Estou dacordo contigo en que queda moito por facer pola introdución das novas tecnoloxías, polo que dalgún xeito se debe favorecer dende as esferas políticas e económicas os recursos suficientes. Agora ben, non so isto é preciso, senón tamén unha implicación positiva de toda a comunidade educativa para desenvolver con éxito ditas incorporacións. 

  • Carla Vázquez Formoso

    Se che digo que cando eu estaba en primaria non había nin ordenadores, só en dirección! En cambio tiñamos materias como manualidades ou teatro ... xa ves ti! E con respecto ao xogo para coñecer África e Asia, despois deste mes indagando en torno a iso, son inumerables as iniciativas que se promoven en algunhas comunidades, cidades ou centros concretos ... pero, porque non se extenden ao resto? Eu penso que é por medo ao descoñecido, medo que non deberiamos ter porque con educación e formación para profesores e alumnos todo debería ir ben, salvo algún inconvinte que sempre hai polo medio!

  • Belén Quintana Río

    Yo creo que en el medio está la virtud. En los tiempos que corren es necesario introducir los ordenadores el resto de nuevas tecnologías en los centros escolares. Creo que se pueden extraer de ellos grandes ventajas y facilidades! Sin embargo, creo que tampoco podemos olvidarnos completamente de la educación tradicional, del lapiz y del papal, de los colores y las texturas que pueden transmitirnos los libros de toda la vida.

    La cuestión es, ¿será posible en un futuro lograr ese equilibrio? ¿Se comerán las nuevas tecnologías a la enseñanza tradicional?