TIC TAC TEP

Ollando un pouco por Dialnet (base de datos a cal me resulta moi interesante á hora de atopar documentos significativos) atopeime cun artigo chamado De las TICs a las TACs: la importancia de crear contenidos educativos digitales.

Ó descoñecer un destes termos decidinme a ler o artigo buscando unha resposta a miña dúbida. Nel, entendían por TACs as tecnoloxías do aprendizaxe e o coñecemento, as cales ganan importancia ultimamente no ámbito educativo. Estas inciden na transformación da información en coñecemento, facilitando a aprendizaxe por medio das tecnoloxías.

Para comprender un pouco mellor esta información, decidín indagar por Youtube e atopeime cun vídeo no que describían os niveis de uso nas redes sociais coas TICS, TACS e TEP:

Estas significan:

  • TIC- tecnoloxías de la información e das comunicacións. As redes sociais son entendidas como ferramentas para informar ós nosos amigos, seguidores,... acerca dun tema de interese.
  • TAC- tecnoloxías do aprendizaxe e coñecemento. As redes sociais son entendidas como espazos de aprendizaxe e xeración de coñecementos a través da interacción, creación de comunidades dixitais e a publicación de contidos como artigos de interés.
  • TEP- tecnoloxías do empoderamento e a participación. As redes sociais son entendidos como espazos de participación cidadá.

Persoalmente, non coñecía estes dous últimos termos ata este momento, polo que considero que no sistema educativo non contan cunha especial importancia. Mentres que as TICs comezan a ter a súa gran importancia dentro del por medio da competencia dixital, as TACs e as TEPs non contan cun amplo espazo.

Actualmente, o manexo das novas tecnoloxías faise imprescindible se precisamos avanzar no espazo de Internet, polo que considero que moitas veces se esquecen demais ámbitos que son imprescindibles se queremos ser competentes en termos tecnolóxicos.

Non se trata só de saber buscar información en Google senón tamén é necesario aprender e adquirir coñecemento desa información e incluso participar e contribuír dentro dela.

Por último, gustaríame compartir esta imaxe con vos:

Trátase dunha imaxe traballada anteriormente pero co añadido das TICs, TACs e TEPs nas Redes Sociais. Estas aplican diversas metodoloxías de aprendizaxe dependendo das súas características.

Como podemos observar aparece o PLE (entornos personales de aprendizaxe) os cales xa traballamos anteriormente na aula.

As TICs correspóndense coas redes persoais de aprendizaxe e as TEP cos PLEP (entornos persoais de aprendizaxe e participación).

Fuentes:

Imagen: https://www.flickr.com/photos/dreig/6962628621/

Comentarios

  • Sara Sanmartín Méndez

    Tampoco conocía los dos últimos, TAC y TEP. Por lo que lei y vi en el video imagino que entonces Stellae es como si fuese una TAC, no? porque es una red social que funciona como espacio de aprendizaje y además genera conocimiento a través de nuestras interacciones y de la publicación de artículos, videos y demás.

    Gracias por compartirlo!! 

  • Beatriz Souto Rial

    Perdoa a tardanza en contestar Sara. Sí, de igual modo que ti, a Rede Stellae tamén a interpreto como unha TAC. 

    Gracias polo teu interese!