Identidade dixital

A cotio soemos sacarnos fotos cos nosos amigos, parella, familia... e posteriormente subilas a alguna rede social para que todos sepan o ben que nos sentimos ou o ben que saimos na imaxe; si isto é un elemento común en todas as imaxes, a xente tendemos a subir e empregar aquelas fotos nas que nos sentimos máis atractivos. Agora ben, ¿sabemos a distribución que Internet fai desa ou desas imaxes? Penso que todos descoñecemos onde van parar ou que uso se lle da a esas imaxes, polo que deberemos ser nos mesmos quen selecione do mellor xeito posible as imaxes que pretendemos que coñezan de nos.

Falouse na clase sobre a idea de que son as propias redes sociais as que nos piden as imaxes. Penso que en certo modo si, posto que realmente as redes sociais están constituídas para establecer relacións con outras persoas e coñecerse, polo que as imaxes resultan como algo necesario para a función que desempeñan tales redes sociais. Por exemplo, eu se quero ir a un concerto de música do cal nunca escoitei e busco o enlace nunha red social e non me atopo cunha imaxe do grupo ou grupos que actúan, pois como que o interese por asistir a dito evento non é o mesmo.

Con relación aos termos de lifeloggig e sexting dicir, en primeiro lugar, que nunca escoitara referencias dos mesmos.

Lifelogging: ¿Realmente é posible gravar todo o que sucede no teu día a día? Ante esta pregunta xurdiume unha dúbida, posto que se en todo momento estas gravando o que sucede ao teu redor,  ¿poderías ter tempo necesario para poder ver dita grabación? A min particularmente non me resultaría doado ver algo que sucede una miña vida hai unha semana, mentras ao mesmo tempo estou gravando algo novo.

Sexting: con referencia a este termo non coido que o máis adecuado sexa transmitir imaxes libremente dun mesmo sen roupa, sen saber ata que destinos poden chegar ditas fotografías  e o uso que se lles poida dar. Coido que dita práctica vai en contra do dereito á privacidade dun mesmo, posto que supón expresar algo de ti que pertence a aqueles aspectos máis íntimos e que penso que deberían ser revelados soamente a persoas coas que existe un certo grado de confianza. 

Fontes:

http://www.pantallasamigas.net/otros-webs/identidad-digital.shtm

http://en.wikipedia.org/wiki/Lifelog

 http://www.easel.ly/ 

Comentarios

  • Raquel Vázquez

    Estou de acordo contigo, e como ben dixen na miña entrada "redes sociais" en moitas ocasións estamos máis preocupados por aparentar que por ser. Na rede temos un "personaxe virtual" que difire da realidade, só subimos fotos nas que saímos favorecidos, solo estados que mostren aspectos positivos... Pero aínda así non sabemos a onde pode ir parar esa información que unha vez subida circula pola rede sen saber a onde vai parar. Fai tempo lin unha noticia, non sei onde, que falaba que un usuario de Facebook lle escribiu os administradores da rede social que lle proporcionasen toda a información sobre el, e a súa sorpresa foi enorme cando lle entregaron un CD con todo o que publicou, mensaxes privada, comentarios, etc incluso o que xa borrara. Así que se isto é certo a nosa información sigue na rede aínda cando nos cremos que a eliminamos. O que me fai pensar que na rede nada está a salvo e menos cando xa pasamos a falar do sexting, que aínda que nos parece unha locura hai moita xente que o realiza, e penso que sen pararse a pensar nas consecuencias que iso pode ter.