Transmedia, o poder nas nosas mans

Despois da última clase expositiva e, desexando buscar máis información relacionada co noso poder actual sobre os medios de comunicación, naveguei pola rede pescudando exemplos claros sobre o que supuña a nova cultura transmedia. 

Lendo noticias en distintos xornais dixitais, atopeime con unha en concreto: "El certamen estrena el primer filme transmedia e interactivo a la vez" . Este é o seu titular. Pertence ao xornal La Nueva España e ten data do 15/10/2013. Está contextualizada na 51º Edición do Festival Internacional de CIine de Gijón e, concretamente, narra ocurrencia do director e guionistas da película "Panxer chocolate".

Resulta que dito traballo cinematográfico non ten un final claro nin único. Como pode ser posible? Grazas ao poder da nosa propia telefonía móbil. Os espectadores mediante unha aplicación recibían información complementaria sobre o que estaban a ver na gran pantalla, asemade de poder modificar ao seu gusto o propio final da película, tendo así liberdade de cambiar a historia ao seu antollo e rematar como a eles máis lle gustaría.

Os propios responsables apelaban que podería ser unha boa ferramenta contra a piratería virtual, motivando así a asistencia ao evento promovendo o uso das novas tecnoloxías. Como ben declaraban no artigo, a película buscaba a espectadores que xa son fieles amigos da Internet xa que, como dixo un dos productores "son los espectadores del futuro". 

Desde a miña opinión, a iniciativa de involucrar ao público no transcurso e final dunha película é marabillosa. Sínteste partícipe en primeira persoa, xa non so da direción da mesma, se non da historia que nos contan. Oxalá todos os cineastas nos ofertaran este mecanismo transmedia. Seguramente eu iría máis ao cine e pasaríao en grande montando un final ao meu gusto, sen medias tintas nin finais incomprensibles. 

Creo que o poder que nos da esta nova cultura de participación vai moito máis alá dunha mensaje no Twitter ou a incorporación á rede de artigos, opinións ou mesmo vídeos, xa sexan modificados ou propios. Considero que estásenos a dar o poder da programación, da actualidade, da audiencia, da fama dun personaxe ou serie. Podemos modificar ao noso gusto un simple discurso político, cambiar o ritmo dun vídeo aburrido ou mesmo, como neste caso, participar no final dunha película que se reproduce nun festival de cine. 

Do mesmo xeito, considero que tamén debemos de marcar límites, saber onde está o razonable e controlar toda aquela información que se nos transmite día a día a través das redes. Pode ser un colapso enorme de datos e imaxes que fagan algo caótico o entendemento. Unha educación transmedia e tecnolóxica deberían de ir na man nos tempos actuais onde nós, os espectadores, temos a primeira e a última palabra. 

Deixovos o enlace da noticia e espero atopar moitas máis iniciativas e información. 

http://www.lne.es/gijon/2013/10/15/certamen-estrena-primer-filme-transmedia/1483875.html?utm_medium=rss

 

Comentarios

  • Tamara Cao Vigo

    Lucía teño que confesarche que hai unha parte da tua reflexión me resulta un tanto ou moi inxenua. Na miña opinión,  si os medios acuden a este tipo de "estratexias transmedia" non é só porque lles encante que participemos nin porque nos queiran dar poder de decisión senón porque son extratexias para crear expectación constante e implicar emocionalmente aos espectadores e, en definitiva, para  fidelizar clientes, neste caso espectadores, é dicir, en realidade trátase dunha técnica de marketing bastante vella, só que neste caso non pode permanecer á marxe dos novos medios de difusión. É unha forma máís de manternos enganchados aos seus productos, fomentan que os busquemos e os rastrexemos alí donde estén situados e tamén fomentan os "fenómenos fan" a través dos que logo venden merchandansing, promocionan novas tempadas das mesmas series ou programas, venden DVDs coas sagas completas, fan a película da serie correspondente para que vaiamos a vela ó cine, etc; é dicir a través dun único producto montan un negocio moito maior e moito máis rentable.  

  • Lucía

    Respecto a túa opinión e creme que a miña é moi similar. Pero en ningún momento da miña redacción deixei entrever que os medios non a empregasen como un proceso de marketing para engancharnos ou vender. De ahí o último parágrafo aludindo a un coidado pola nosa parte debido á cantidade de información recibida. Centreime, con respecto aos aspectos positivos, na iniciativa dos cineastas hai case dous anos en procurar que os espectadores se sintan integrados na trama dándonos a oportunidade de crear un final. Pero moitas gracias pola túa opinión que, como xa dixen, nese sentido é moi similar á miña propia :)