O Remix como parte da cultura.

Debido ás características da sociedade da información, o remix actualmente está goando de unha gran relevancia xa que pode ser transmitido facilmente grazas as TIC, e por un gran medio de canales grazas a narrativa transmedia, da que falei nunha das miñas entradas.

Un remix consiste na convinación e manipulación de diferentes produccións culturais para crear unha nova obra. Esta práctica non é exclusiva da nosa sociedade actual se non que xa dende a antigüidade é patente o uso dos remixes (os romanos adaptaros parte da cultura grega).

Lawrence Lessig (2008) desenvolveu un estudo sobre o concepto do remix como unha condición necesaria para a conservación e a sustentabilidade da cultura. O remix esta presente en todos os ámbitos da práctica cultural (imaxes, música, vídeos, os fenómenos fan, as páxinas web e xogos, e todo o anterior convinado) e polo tanto, axuda a conservar a súa estructura.

Actualmente, para moitos mozos, e non tan mozos,  transmitir o que desexen mediante mezclas de imáxes, sons ou arquivos multimedia, resultalles máis atractivo que un simple texto. Na miña opinión, isto é algo ó que a educación non lle pode virar ás costas. Estamos mudando de maneira de expresarnos, e polo tanto tamén de maneira de aprender. O uso das TIC (e dos remixes), ademáis de achegar .os alumnos a unha realidade presente no día a día, tamén proporciona unha motivación extra no proceso de ensinanza aprendizaxe, por iso sería convinte revisar a maneira na que se evalúa e se esixen os traballos. Xa non todas as produccións dos alumnos teñen que ser en formato papel e monográfico, pois, resulta mpoito máis interesante a elaboración de proxectos, atraves de diversas fontes e a recepción da información a través de diferentes canles.

Como digo sempre, para que isto teña éxito no sistema educativo non debemos de obviar a necesidade da formación permanente do profesorado, co fin de sacarlle o mellor partido ós recursos cos que hoxe en día podemos contar.

Logo da lectura e reflexión sobre este texto, percateime de que estamos sendo bombardeados continuamente por remixes, na publicidade, en internet, nas redes sociais...Gustaríame facer referencia ó que se falou na clase como o uso do remix por parte dos políticos, e tamén das transmedia para divulgalos como anécdota confirmativa do que se expón anteriormente neste texto.Isto pon de manifesto a importancia de coñecer este método de expresión e empregalo de maneira productiva para a educación.

 

Bibliografía

KNOBEL, M., LANKSHEAR, C. (2013). Remix la nueva escritura popular. Sociedad del conocimiento. (p. 193-224). Recuperado de; http://everydayliteracies.net/files/8_Knobel_Lankshear.pdf