Día Internacional do Libro, de papel ou dixital?

O pasado xoves día 23 de Abril foi o Día Internacional do Libro, do libro “físico”, o tradicional. Con isto quería aproveitar para facer unha entrada referíndome á que nos últimos tempos se converteu nun debate e tema de estudo como é a comparación do libro de papel e o libro electrónico.

No seguinte enlace amósase unha nova na que se trata a continua batalla entre ambos formatos dos libros actualmente, que inesperadamente, os libros de papel están vivindo unha subida nas vendas, algo sorprendente xa que a incursión dos libros dixitais parecía unha sentencia que, paulatinamente, iría eliminando o formato tradicional dos mercados, ou minguando en gran medida as súas vendas. Segundo o M.E.C.D. , durante o ano pasado as edicións dixitais diminuíron un 1,9% fronte ao aumento dun 3,7% nas edicións impresas en detrimento das anteriores, situación que se reflexa ademais en moitos países do mundo, polo que se pode dicir que os lectores prefiren o papel nestes tempos de innovación tecnolóxica.

http://www.elmundo.es/tecnologia/2015/04/23/5538ca01268e3e1b378b456d.html

As razóns a esta situación débese tanto a impostos, temas económicos, alta participación da piratería ou a que os lectores prefiren o libro como foi sempre, en papel, situación pola que me decanto a favor, xa que un libro en papel non é comparable aos dixitais por moitos motivos.

Sen embargo, nesta seguinte nova posterior ao Día do Libro do ano pasado expoñía que existía un gran afán lucrativo por parte de editoriais para a creación, desenvolvemento e venda de materiais escolares dixitais, podendo ser este un aspecto que a medio-longo prazo pode ser determinante na elección de libro de papel ou libro dixital:

http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2014/04/24/editores-gallegos-critican-xunta-apueste/834143.html

Neste senso considero que as editoriais non son as únicas responsables xa que as empresas editoras de edicións dixitais tamén buscan a mesma finalidade económica, e a Administración Educativa toma asímesmo parte neste debate en vez de ser quen o cerre.

Por outra parte, en canto aos contidos educativos e a elección do seu formato, en papel ou dixitais, existen hoxe en día diversidade de opinións sobre este tema, unhas a favor do libro de texto e a convivencia con eles de forma tanxible, e outras a favor do material educativo dixital ou na rede, e se estes son fiables ou cribles. Estes soportes dixitais deben ser máis prácticos tanto para os docentes como para os estudantes e incluso para as familias, ademais de ser unha comodidade, permitindo a súa vez as administracións a ir establecendo novos marcos de relacións.

Persoalmente, considero que as edicións dixitais insisten na importancia de acceder á rede así como a que os docentes conten con dispositivos dixitais que favorezan o proceso de ensinanza-aprendizaxe co seu uso correcto; implicando isto un grao de consciencia sobre a utilidade dos contidos educativos que ofrecen ditos recursos tanto na aula como fora dela, coa finalidade de fomentar a capacidade de establecer un criterio de selección axeitado.

 

Comentarios

  • Rosa Rey García

    Non é a primeira vez que escoito falar desta oposición do libro eletrónico contra o tradicional. Eu como moita xente o principio era moi remisa o libro en formato dixital.  Sen embargo, este ofrece moitas facilidades como é o de almacenar un gran número de libros nun espazo máis reducido, menor consumo de papel y polo tanto redución da tala de árbores. Así mesmo estes na actualidade están deseñados cunhas pantallas especiais que permiten que non se nos canse a vista, como ocorre cos ordenadores. Debido a todo isto, creo que debemos aproveitar e implantar este novo recurso educativo, que baixo o meu punto de vista ofrece numerosas vantaxes. Tamén é preciso erradicar aqueles aspectos negativos que dificultan a súa implantación como é o caso, que ti mencionas, do aproveitamento por parte das editoriais. O igual que eu, coñezo a moita xente que cambiou de opinión respecto a estes, polo que animo a xente a probalo antes de ter unha opinión firme de oposición.

  • Borja Lapido Tubío

    Estou de acrodo contigo Rosa de que o auxe dos libros electrónicos axuda en gran medida á reducción da tala de árbores, pero nos últimos tempos moitas editoriais producen os seus libros con materiais reciclados, aspecto tamén a ter en conta. Sen embargo, como dis ti, o formato dixital permite a almacenaxe de grandes cantidades de datos en espazos reducidos e non ter que cargar os libros un mesmo e o menor consumo de papel, así como as pantallas preparadas para non danar demasiado a vista dos lectores.

    Razóns de peso que deberían ser bastante convincentes para que os lectores se decantasen por facer o cambio do formato tradicional ao dixital, pero os datos de vendas din o contrario, non con unha gran diferenza pero si en que os libros dixitais non están sendo do impacto esperado. Isto pode ser debido a que, como o outro día nos comentou unha mestra que é afeccionada á lectura, aos verdadeiros lectores de "toda a vida" (dos que xa quedan poucos) gústalles ter un libro nas súas mans, sentir as tapas, pasar as follas por eles mesmos, notas ese olor que desprende o libro ao pasar as páxinas, o son das mesmas,... É dicir, referíase a que os libros de papel tiñan un lugar moi importante en canto as sensacións que producen no lector. Quen sabe, pero igual esta é unha das razóns pola que os libros de papel seguen sobrevivindo ao impacto dixital.

    Grazas polo teu comentario e interese Rosa. Un saúdo.

  • Carla Vázquez Formoso

    Únome ao debate! Eu lin hai un par de semanas un artigo no Correo Gallego que dicía que a venta de libros electrónicos está aumentando en Galicia, pero que as pequenas editoriais non poden facer fronte a xigantes como Amazon (podedes ver a miña entrada no blog se queredes que falo diso, así, facendo publicidade). Persoalmente son unha defensora do libro electrónico e de que os contidos educativos se dixitalicen gracias a moitas plataformas como o Smartbook, o Caderno de Estudio ou moitas outras que aparecen día a día. Como dis ti deben ser máis prácticos, pero é que realmente, moitos deles xa o son! E conseguen implicar á profesorado, alumnado, familia e demais comunidade educativa nunha soa rede na cal poden participar todos de maneira interactiva. Tamén ei de dicir, que os docentes  dacordo, moitas veces non teñen os recursos necesarios, pero outras tantas sí, o que pasa é que a conformidade, a comodidade de seguir coa metodoloxía vixente pódelles; polo que non se permiten así mesmos explorar outras alternativas. 

    En canto ós libros "normais" digamos, os que lemos por lecer, o Kindle converteuse no meu millor amigo sinceramente; pero si que é un pouco inútil á hora de usar libros infantís cheos de debuxos, imaxes que se moven ou texturas; ao igual que non nos serven á hora de ler os comics/libro, este boom que chegou fai pouco ás nosas librerías, como pode ser Moderna de Pueblo e esas cousas! jjajaj