Novidades educativas

Botando unha ollada ás redes sociais, atopeime con este enlace nunha páxina sobre educación que me pareceu interesante compartir. Nel fálase de novos recursos para a educación dos alumnos dos diferentes niveis educativos, fomentando a aprendizaxe de valores como a cooperación ou a preparación para a vida real, empregando como soportes ferramentas dixitais. 

A pregunta que me fago eu a raíz da incorporación de ditas innovacións é a seguinte: ¿É compatible o emprego das novas tecnoloxías cos soportes tradicionais? Penso que as novas tecnoloxías fomentan a aprendizaxe dun xeito máis dinámico. No caso da imaxe que se mostra a continuación, o boneco permite aprender idiomas de xeito que recita as palabras no idioma correspondente, favorecendo que o alumno aprenda ditas palabras mediante a súa asociación ao boneco. Sen embargo, o papel e o lapis non debe ser olvidado, posto que do mesmo xeito que o alumno aprende a recitar as palabras, tamén é necesario que as sepa escribir. É certo que tamén se podería empregar unha tablet ou outro soporte co que favorecer a aprendizaxe da escritura, pero o lapis permite o contacto real co papel e a necesidade de borrar se se produce unha equivoción, aspecto que coas novas tecnoloxías, se pode correxir automaticamente. 

 

image

Fonte:

http://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/novedades-de-macmillan-para-ingles-aleman-y-fp/25830.html

Comentarios

  • Raquel Vázquez

    Está claro que as novas tecnoloxías son unha gran ferramenta para a aprendizaxe, e que con utensilios como o boneco os nenos aprenden mellor e máis motivados. Pero como ben dis non debemos olvidar nin o lápis nin os libros, xa que sempre foron un bo material e seguirano sendo ou eso esperemos porque eu non me imaxino a vida sen os libros.

  • sandra picos sanisidro

    Estoy completamente de acuerdo con vosotros, las nuevas tecnologías no deben eclipsar las antiguos métodos, en la mayoría de las ocasiones, deben complementarse. utilizando ambas cosas se pueden lograr mejor resultados. 

  • Nuria Rodríguez

    Estou de acordo con todos vos rapaces, como profesionais da educación que nun futuro cada vez máis cercano seremos debemos encontrar un equilibrio entre as novas tecnoloxías e os antiguos métodos de aprendizaxe como a utilización do lápis e papel expremendo as vantaxes das dúas posibilidades. Por un lado é certo que coas tecnoloxías os nenos están máis motivados e a aprendizaxe ten outras facilidades como pode ser un ritmo máis rápido e tamén nunca desprendernos do lápis pois gracias a el desenvolvemos habilidades como son as habilidades motoras finas e o máis importante desenvolver capacidades e habilidades cognitivas logrando mellores resultados como poñedes nos vosos comentarios.