Profesores en guerra

Hoxe tivemos unha clase expositiva un pouco especial. Veu Nusa, unha doutoranda siria que está interesada na tecnoloxía educativa. O que realmente quere, segundo nos confesou Adriana, é crear recursos para a aprendizaxe. Nusa contounos que tivo a idea de enviar lectores de libros electrónicos porque permiten cubrir parcialmente a falta de recursos materiais. Ademáis, teñen outra vantaxe, apenas necesitan carga, algo moi importante nun Estado no que a corrente eléctrica está fortemente limitada.

Contounos moitas cousas, falounos sobre a censura dos medios de comunicación, pero tamén dos avances que estaba a vivir a tecnoloxía antes de que comezase a guerra. Sen embargo, fixo outra cousa ademáis de narrar, preguntar. Lanzounos moitas preguntas ao longo da súa exposición e deixounos, ao final, cunha para que a reflexionásemos: "que significa ser profesor nunha guerra?".

Falounos dos profesores que ían voluntariamente, e de balde, a dar clases no medio da nada, xa que a maioría das escolas están derruídas e as que non o están empréganse coma refuxio, esperando a ver se ese día acodía algún estudante co que traballar. Así que creo que o que significa é, fundamentalmente, crer no que fas, crer que ten unha utilidade para a sociedade. Non se trata de facer nada desinteresadamente, senón de primar o interese social sobre o individual.

Aínda a risco de caer no sentimentalismo, direi que creo que é un acto de amor, de amor á educación e de amor á humanidade. Cústame concebir como, sen ese amor, se pode facer ese esforzo case, ou sen case, heroico día tras día.

Isto faime pensar na necesidade dos recursos na educación. Despois deste tempo estudando as tecnoloxías educativas, aprendín moito sobre o importantes que son para a educación, para entender o mundo no que vivimos e para participar de él. Sen embargo, Nusa fíxome decatarme de que os recursos materiais son moi importantes, pero só os humanos son imprescindíbeis.

Comentarios

  • Sara Barrantes Amoedo

    Estou totalmente dacordo contigo Iria!

    Penso que na actualidade dáselle tanto valor ao papel que desenvolven as novas tecnoloxías (e non só no eido da educación), que estamos perdendo de vista a esencia de toda actividade formativa: o docente e a súa relación co alumnado. Dende o meu punto de vista, cada día responsabilízase máis ao profesorado do emprego (correcto ou incorrecto) das TIC e a estas da función formativa. Estáselle restando importancia á figura do docente, moitas veces co pretexto de "eso podo aprendelo eu só, grazas a internet" ou "cun ordenador diante calquera pode dar clase". Por certo, non sei si vos decatades de que esto mesmo ocorría hai uns anos cos famosos "libros do profesor".

    As TIC son ferramentas poderosísimas que deben APOIAR e COMPLEMENTAR o proceso de ensino-aprendizaxe, pero paréceme máis importante ter en conta factores como os que ti apuntas: a vocación, o amor polo que fas e, por suposto, as relacións interpersoais. Por moito que leas sobre unha temática, os matices que che pode aportar alguén a quen lle gusta e entende sobre a mesma nunca chos poderá brindar un libro, internet ou calquera ferramenta por sí mesma.

    En calquera traballo, e especialmente naqueles que impliquen relación e influencia na vida doutras persoas, deberían existir só profesionais entregados e involucrados co mesmo, debería estar moi presente o tan esquecido termo vocación. A fin de contas, é o que ti apuntas, os recursos humanos son imprescindibles.

  • sandra picos sanisidro

    Muy buena la respuesta a la pregunta Iria, esta claro que si no creen en su trabajo y en lo que pueden lograr con el no tendrían fuerzas para continuar en condiciones tan precarias. Deberíamos aprender de estos profesores y creer tan firme mente en lo que la educación como ellos y como tu dices tener ese amor por la educación, por la humanidad.