A vida reducida de Internet

Navegando pola rede, atopei esta noticia dentro da páxinda de Cuatro. Lendo tan so o titular quedei algo perplexa. 

Un grupo de informáticos ha calculado que a Internet le queda 8 años de vida

Apresureime a ler o contido, onde explicaban que a principal causa era o colapso que a Internet leva acumulado durante os últimos anos. Cada vez facemos máis uso da mesma e menos discriminado. Polo que, como eles mesmos explican, podería haber un colapso na rede que deixaría o seu funcionamento baixo mínimos. 

Como ben vimos nalgunha das clases expositivas, a súa distribución medoru en cotas bastante altas durante os últimos anos, chegando a rincóns onde se cría impenasable. Todo o mundo, ou case todo, temos acceso á información que navega pola rede, esperando ser atopada. Tamén, calquera de nós pode ampliar, modificar ou mesmo crear novas entradas, páxinas, blogs, etc. 

O uso frenético dos seres humanos a gran escala pode colapsar o avance na sociedade do coñecemento, mellor dito, o seu creador. Se temos en conta que, actualmente, estamos interconectados e podemos estar ao tanto de calquera nova que acontece na outra punta do planeta, como sería a nosa vida sen esta ferramenta? 

A resposta non a teño moi claro. Iso si, o que teño claro é o por que deste posible colpaso case inmediato. Empregamos a rede sen ter en conta a súa verdadeira esencia. Xa non compartimos información de interese; moi ao contrario, dedicámonos a publicar a nosa propia, mirar a do resto, crear páxinas case sen sentido, pedir máis e máis velocidade porque a que temos parécenos absurda; queremos que a rede chegue ate os rincóns máis afastados para estar continuamente conectados a redes sociais... E todo isto pode provocar o que os expertos predín: o final da era da información global.

Pensades que isto pode ocorrer? Vedes posible, hoxe en día, unha vida sen conexión ou cando menos, reducida considerablemente? 

Estes expertos reuniranse o próximo 11 de maio en Londres para debater a cuestión.

Deixovos o enlace, aínda que a noticia é pequena e non aporta grandes datos. 

http://www.cuatro.com/noticias/sociedad/internet-fibra_optica-anos_de_vida_0_1980825200.html

Comentarios

  • Sandra Morandeira

    Si pienso en presente, sí, veo posible un colapso. Muchas veces en los programas de televisión se colapsan las líneas telefónicas, en fin de año también... ¿por qué no se podría colapsar Internet?, pero si pienso en futuro te diré que no, no lo creo precisamente por los avances y todo lo que estamos consiguiendo, considero que en un futuro se habrá descubierto un nuevo método para evitarlo.

    Actualmente ya se están tomando algunas medidas, muchas cuentas de correo están siendo borradas si no se detecta su uso y quien dice cuentas de correo, dice también de redes sociales, etc. El otro día encontré un opción en Telegram que pone: "Autodestrucción de la cuenta...1 año" (si no inicias sesión durante este tiempo, al menos una vez, tu cuenta se eliminará con todos tus grupos, mensajes y contactos).

  • Carla Vázquez Formoso

    Non sei que crer a verdade, internet vaise acabar? O colapso sería terrible, xa que non se trata solo das relacións, senón das economías mundiais e demais mercados. Pero, se en oito anos se acaba (improbable) seguro que teñen outra "rede" esperando para poñerse á cabeza de todo isto; ó igual que pasamos dos móbiles solo para chamar ós smartphones, ou do 3G ó 4G ... todo avanza creo eu, seguiremos tendo unha "rede" aínda que chamada doutra maneira.

  • david reboredo gutiérrez

    Penso que Internet hoxe en día é unha ferramenta esencial nas nosas vidas, polo que me non me resulta de todo certo a noticia que nos presentas. Pensando en se esa posibilidade se produce,  ¿como faremos se desaparece Internet para comunicarnos con persoas doutros lados? ¿de onde descargaremos a información para os traballos? e o máis importante ¿sufirá un colapso o planeta en xeral? Internet favorece ao actual ritmo frenético de vida, xa que permite obter datos de xeito instantáneo e de lugares moi afastados. Pola tanto en relación a estas preguntas formuladas, empregaremos as tradicionais cartas para comunicarnos, perdendo esa a posibilidade de comunicación instantánea; para buscar información pasarémonos horas buscando na biblioteca sobre que libros nos poden servir, coa consecuente perda de tempo que pode producir.

    Por outra banda, dicir que o uso actual de internet é desmesurado, polo que en parte si se pode chegar a ese colapso. Persoalmente, posicionome máis do lado de que a Internet seguirá tendo continuidade, pero debemos facer un mellor uso dela, desenvolvendo as competencias dixitais necesarias. Penso que debemos facer uso da internet reflexionando sobre se a información que se nos presenta é verídica, e facendo da curación de contidos un traballo esencial en todos os usuarios e membros da rede. 

  • Beatriz Souto Rial

    Lucía, ó igual que ti tamén vin esta noticia. Descoñezo as características máis técnicas disto, pero Internet é proveitoso para os intereses económicos das grandes potencias mundiais polo que, antes de que desapareza, probablemente destinen os recursos suficientes para buscar as alternativas máis adecuadas.

    Respecto á túa segunda pregunta, penso que unha vida cunha conexión reducida si sería posible. De feito, faime pensar que probablemente fixeramos un mellor uso dela, dunha maneira máis crítica e racional. Aínda así, agardo que isto non suceda. É mellor poder dedicarlle tempo e recursos a potenciar unha boa competencia dixital nos cidadáns que a prescindir de moitas das oportunidades que nos ofrece unha boa conexión a internet en beneficio dun mellor uso. 

  • Sabela Corral Álvarez

    Non sei en que medida é posible que esto acontenza pero si podo imaxinarme as consecuencias deste suceso. Acostumámonos moito as facilidades que nos aporta internet, a día de hoxe dependemos del para todo...para comprar, para pedir cita para o médico, para facer transferencias bancarias.. sentíriamonos coma no pobo Amish e tendo moitisimo máis que eles pero sentindonos con moito menos.

    Internet foise acomodando nas nosas vidas e nos permitimosllo ata necesitalo cada día. Sen ir máis lonxe na facultade, en cantidade de materias temos que entregar os traballos a aula virtual e en caso de que existan problemas na rede pode levar a un gran probema.

    Non me imaxino que poida desaparecer internet pero hai ter presente esa posibilidade e por si poidera suceder debriamos ir controlando a nosa dependencia a rede.

  • Lucía

    Estou de acordo con todos vos. Considero que, no caso do colapso coma eles din, poidan ter unha alternativa fiable a todas as consecuencias que pode traer. Asemade, como xa expliquei na entrada, creo que tamén debemos de traballar desde as aulas para un uso máis responsable da rede, tendo en conta as necesidades propias e os intereses formativos. 

    A vida cotiá sen a nosa ferramenta de cabeceira, que é a interconexión, pode ser levadeira pero para moitos atrae consecuencias graves, como por exemplo a xente que dedica o seu traballo á mesma así como os que realizan as tarefas desde o fogar con video-conferencias ou outros mecanismos de comunicación.