As políticas educativas, o profesorado e as TIC.

Con esta entrada quero falar sobre as políticas educativas, tema tratado na última sesión da materia, para a integración das TIC nas institucións educativas. Tras falar na aula de diversos proxectos relacionados a este aspecto, tanto a nivel nacional como por comunidades, quería tratar agora o tema do profesorado, da súa percepción.

Actualmente existen diversidade de políticas educativas, tanto a nivel nacional como comunitario, para a integración das TIC no sistema educativo, das cales se poden establecer dúas tipoloxías: unha dirixida a proporcionar unha serie de metas e unha visión das finalidades das novas tecnoloxías nos procesos de ensinanza-aprendizaxe, e os seus beneficios, sendo definidas coma políticas estratéxicas. As outras, no momento de establecer programas e recursos no referente ao equipamento técnico e así facer posibles as anteriores, son chamadas políticas operativas ou estratéxicas. O éxito dunha política destas características será cando a formación do profesorado inclúa competencias específicas e tarefas que incorporen as TIC na súa práctica de aula do día a día, conectando explicitamente estas prácticas coa visión global das políticas estratéxicas; resultando unha integración exitosa das TIC a través do compartir do profesorado dos seus valores expresados na política educativa e comprendendo e aceptando as súas limitacións.

A pesar disto, as decisións políticas e os modelos de cambio que se fomentan nestas políticas non soen recoñecer na realidade práctica o rol do profesorado na transformación efectiva do proceso de ensinanza-aprendizaxe, sendo o profesorado comprometido no seu desenvolvemento dun plan TIC outorgándolles case a obriga de atopar un cómo e un por qué empregan esas novas tecnoloxías nas súas prácticas docentes.

Os profesionais da educación na súa incorporación de innovacións dependen das crenzas e teorías persoais sobre a ensinanza e da conciencia individual para adoptar o uso das TIC así como da influencia das políticas e da cultura da institución educativa na que se atopan; desta forma, o impacto da formación do profesorado e as prácticas pedagóxicas na aula deben de ter en consideración a actitude dos docentes, as expectativas do profesorado e as crenzas dos profesionais, todos estes en relación as impacto das novas tecnoloxías e o seu papel a desempeñar.

Destacar no concepto da innovación pedagóxica apoiada nas TIC que a define coma "un conxunto de solucións pedagóxicas e medios tecnolóxicos que apoian un cambio dende o paradigma educativo tradicional cara un enfoque pedagóxico emerxente, baseado na nosa actual concepción da aprendizaxe, é dicir, o fomento da aprendizaxe centrada no alumno e o construtivismo, e a adquisición de competencias de aprendizaxe para toda a vida". Isto débese de ir incorporando nos procesos de ensinanza-aprendizaxe á teoría do conectivismo, fomentando a súa práctica diaria.

Pois ben, agora xórdeme a pregunta de ¿cómo adapta o profesorado pedagoxicamente as TIC? Dicir en primeiro lugar que se comeza con ningunha competencia no seu uso, explóranse as súas posibilidades como nova ferramenta e desenvolvendo as habilidades necesarias a través dun xogo exploratorio, sendo así como a maioría dos nenos adquiren competencias no emprego das tecnoloxías. Destacar que algúns usuarios descríbense a si mesmos como autodidactas a través de ensaio-erro. Outros usuarios que carecen de tempo para levar a cabo unha exploración comezan tratando de encaixar esta nova ferramenta dentro das prácticas sociais existentes. Este foi o caso do profesorado e as TIC, os ordenadores hoxe en día non teñen un bo axuste cos procesos pedagóxicos tradicionais, baseados na comprensión de conceptos a través da exposición oral co apoio da pizarra e a memorización. A medida que se desenvolven experiencias usando as novas ferramentas constrúense os modelos mentais sobre o uso, e estes modelos proporcionan ferramentas conceptuais para imaxinar novas formas de usalas, como ocorreu coas pizarras dixitais.

A influencia directa dos anos de experiencia cos ordenadores e o espírito emprendedor do profesorado sobre o uso innovador das TIC é mais forte que a influencia do enfoque pedagóxico do profesor; o profesorado que emprega as TIC de modo innovador desenvolve as súas competencias sobre a base das metas educativas que queren facer realidade coa axuda das TIC, a súa actitude activa e as metas tecnolóxicas que establecen eles mesmos xogan un papel mais que importante.

Entón, vos que creedes, adáptase pedagoxicamente o profesorado as TIC?

 

Ademais disto, quero incorporar un vídeo que simboliza de forma clara e concisa o que supoñen as TIC na educación de hoxe en día, observando que dende o ano 1995 o número de internautas se masificou de forma xigantesca, así como tamén se ofrece unha explicación do que son as TIC, facilitadoras de colaboración e traballo entre outras funcións. No relativo ao ámbito educativo destaca que son unha boa ferramenta de obtención de información, de comunicación e de expresión.

Outro tema a resalta do vídeo é o de que amosa un aspecto contraditorio, xa que o que se intenta con este é fomentar o uso das TIC, e obsérvase como se contradí de cara ao seu uso, argumentando que todo o que se pode facer sen TIC mellor facelo sen elas xa que poden prexudicar a saúde. A isto considero que a finalidade do vídeo é de fomentar o uso das TIC pero sempre e cando teñamos en conta estes consellos á hora de moderar o seu uso.

 

 

 

Recuperado de:

http://www.revistacampusvirtuales.es/images/archivos/Revista%20Campusvirtuales%2001.pdf

http://www.revistaeducacion.educacion.es/re352/re352_05.pdf

Comentarios

  • Carla Vázquez Formoso

    Eu creo que non, xa o teño reiterado varias veces. O único que fan é incorporar ordenadores as súas aulas pero sen darlle un bo uso, creo que esta imaxe o resume moi ben: 

    Teñen de todo pero non saben usar nada, tamén hai que dicir que pode ser porque os máis veteranos ninguén lles ensinou. Eu decateime, durante o traballo nesta materia, que as TIC teñen infinidade de posibilidades, as plataformas que podes atopar (Gratuítamente) e aplicacións son espectaculares, pero entón? Porque non se usan? A comodidade e un factor fundamental. O dicir a min ensináronme así e saín ben, porque vou cambiar agora? Pois agora debemos cambiar avanzar porque o mundo avanza, as tecnoloxías avanzan e as escolas quedan obsoletas ... cousa que non podemos permtir. 

    Xenial entrada Borja! 

  • david reboredo gutiérrez

    Estou dacordo con Carla. Coido que parte do profesorado non ten preocupación por formarse no ámbito das novas tecnoloxías, aínda sabendo que estas son unha peza clave na sociedade da información. A maior parte dos profesores que me deron clase non sabían empregar as novas tecnoloxías; de feito aínda na facultade se deu o caso de que os propios alumnos prendían o ordenador a certo mestre. Non quere decir que por non ter adquiridos competencias no uso das novas tecnoloxías, se vaian impartir mellor ou peor os contidos, pero debido á expansión das novas tecnoloxías, cómpre ter unhas destrezas mínimas para empregalas.

    Agora ben, ¿porque os mestres non actualizan ou se introducen no mundo da tecnoloxía? Como di Carla, creo que a comodidade é un factor importante, pero penso que a resistencia ou o medo a non ser capaces de adquirir dito uso ou que lles poida levar moito tamén teñen influencia. Os profesores de colexios e institutos non teñen tanta carga horaria como un profesor de universidade, polo que deste modo, terían tempo suficiente para formarse nas novas tecnoloxías. Entón, ¿porque non se animan a formarse no mundo tecnolóxico se dispoñen de dito espazo de tempo? Isto foi o que me levou a plantexar que é necesario que os mestres empreguen gran cantidade de tempo para adquirir ditos coñecementos, sentindo a necesidade de antepoñer a satisfacción das súas necesidades afectivas ou persoais, fronte a actualización de competencias profesionais.

  • Borja Lapido Tubío

    Grazas pola vosa opinión e participación Carla e David, a raíz disto quería comentar que no centro no que realicei as miñas prácticas é un deses centros como o que se comentou na sesión anterior sobre o tema das pizarras dixitais, chegaron ao centro un par de pizarras e estiberon alí na conserxería paralizadas ata que un docente se informou sobre o seu uso polo menos para desempaquetala e facela funcional.

    Neste centro podo dicir que ocorre o contrario que se soe ver, os mestres mais veteranos son os mais interesados na utilización destes novos medios, e o resto tamén, pero quería resaltar neste momento a ese colectivo. Pois os docentes deste cento tiveron que realizar sesións de formación nas TIC pola súa conta, sendo eles quen contrataban pola súa parte especialistas para que lles guiase neste mundo, xa que a Administración, neste caso, ao ser un pequeno centro no rural, pois non presta tanta atención como se fose a outro centro urbano ou situado en localidades de maior tamaño. Con isto quero dicir que os equipos que se atopaban nas aulas son de segundo uso, moitos accesorios son cedidos ou lévanse utilizando dende fai moitos anos, aspecto que fai que a familiarización e potencialidade destes medios se vexan gravemente minguados.

    As pizarras dixitais e as dotacións do Proxecto Abalar son medios que ofrecen unhas boas posibilidades pero que só están accesibles en determinadas aulas.

  • Silvia

    Ademáis de estar totalmente de acordo co que plantexades, considero que o verdadeiro interés que se atopa detrás destas políticas é estar a altura dos demáis países europeos, e npon realmente a mellora do proceso de ensinanza-aprendizaxe, xa que de ser así poñeríase máis énfase en que a metodoloxía que empreguen os docentes nas aulas seza coherente coas tecnoloxias que se pretenden implantar. É dicir, que non sexa todo un mero aporte de diñeiro, sen o mínimo interese en que a situación cambie