ESPAZO ABALAR

Na era dixital na que vivimos créase en Galicia o Proxecto Abalar, un proxecto que se fundamenta na incorporación das TIC en todas as aulas de Galicia.  Este proxecto incorpora aulas dixitais con: portátiles para cada alumno/a, portátil para o docente, encerado dixital interactivo, proxector, e un armario de carga de portátiles. O fin deste proxecto foi educar nas TIC  alumnos e docentes, modernizar o noso sistema educativo, mellorar o noso sistema educativo e a calidade da nosa ensinanza, fomentar  a cultura dixital e acercar ao mundo educativo aos cidadáns vía web: EspazoAbalar

Este proxecto con grandes perspectivas de futuro, dende o meu punto de vista quedouse nun proxecto unicamente  redactado xa que en gran parte do centros non houbo tódolos recursos. Tmén hai que ter en conta que gran parte do profesorado non ten unha competencia tecnolóxica boa como para poñerse a impartir as súas clases empregando as TIC  e non recibiron a formación suficiente.

Por último, dicir que a falta de investimento fixo que a falta de recursos suficientes inflúa en que a día de hoxe non todas as aulas traballen coas TIC como ferramenta de aprendizaxe só empregandoa na materia de informática, optativa en 1º de Bacharelato e como ocio e tempo libre nas demáis materias.

Podedes consultar información fiable sobre o Espazo Abalar no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipraquelcamacho/system/files/u26/PresentacionAbalarFamilias.pdf