O Dropshipping...

Coñecedes o Dropshipping? Eu nunca escoitara falar deste termoe paréceme relevante de cara aos contidos da Tecnoloxía.

O dropshipping é a creación dunha tienda online barata. É unha venta ao por menor onde o minorista vende produtos sen pasar polas súas mans, é dicir, chega a un acordo co maiorista do produto para que este mesmo sexa o encargado de enviar dito produto ao cliente final.

En primeiro lugar ensínovos a Infografía recuperada acerca deste termo. Podo destacar neste intre que, para min o termo de "infografía" resultoume descoñecido ata un primeiro contacto co mesmo na materia de Tecnoloxía Educativa. Penso que é importante destacar que a partir de agora para min o termo adquiriu gran importancia xa que serve como punto de referencia en moitos casos, como para min o foi o do Dropshipping; coa infografía pódese chegar a clarexar de mellor xeito e esquematicamente calquera concepto, procesos, etc.

Infografía Dropshipping

Indícovos onde descubrín este termo máis a infpografía presentada: http://www.creartiendavirtual.com.es/dropshipping-la-forma-inteligente-de-crear-una-tienda-online-barata/

Non credes que isto pode estar relacionado coa Brecha dixital? Se tomamos como referencia este termo, é importante destacar que o mesmo fai referencia á desiguladade entre persoas que teñen acceso ou coñecemento en relación as novas tecnoloxías e as que non. Con este concepto de Dropshipping, o fenómeno da Brecha dixital pódese observar claramente exemplificado. É dicir, a Brecha dixital tamén xenera desigualdades en canto a oportunidades laborais ou o mercado laboral. Se nos decantamos nas diferenzas existentes entre países, son evidentes as disparidades que existen entre uns e outros, podendo tomar como exemplo a Siria. E mesmo dentro de España, podemos ter en conta as diferenzas entre as persoas coa oportunidade de utilizar as TIC e as que non, xenerando así incluso situacións nas cales persoas que teñen acceso non sepan como utilizalas e así perder a oportunidade de gozar das súas vantaxes.

E vos, que opinades?