• Blogs
  • Xeila
  • Coñecemento aberto. Atrevémonos a compartir?

Coñecemento aberto. Atrevémonos a compartir?

Aquí quero facer referencia ao termo de Coñecemento Aberto por dúas razóns. A primeira delas porque creo que o feito que ese concepto representa é moi importante dentro do mundo das Tecnoloxías da Información e Comunicación, así como para o desenvolvemento da sociedade na que estamos inmersos e do mesmo xeito para a construción global de coñecemento.

Por outra banda, a segunda das razóns polas que quero facer mención a esta temática é porque me atopo relacionada ca mesma.

Para comezar, creo importante recordar que nos atopamos nunha era dixital que en relación ao coñecemento, introduciu notables cambios como por exemplo a aparición de variedade de canles para transmitir os coñecementos. Ademais, é preciso ter en conta que vivimos nunha sociedade globalizada, na que se necesita o intercambio de información para poder seguir avanzando.

É aquí onte teñen cabida os sistemas de coñecemento aberto, e a que se refire?

Segundo a Iniciativa de acceso aberto de Budapest 2002, por acceso aberto á bibliografía erudita entendemos a súa dispoñibilidade gratuíta na Internet pública, para que calquera usuario a poida ler, descargar, copiar, distribuír, imprimir, coa posibilidade de buscar ou enlazar todos os textos destes artigos, recorrelos para indexación exhaustiva, empregalos como datos para software, ou empregalos para calquera outro propósito legal, sen barreiras financeiras, legais ou técnicas, distintas da fundamental de gañar acceso á propia Internet.

Con todo, debemos ter claro que a día de hoxe existen múltiples páxinas e enlaces na rede que teñen acceso restrinxido aos coñecementos que os integran.

Se so existisen páxinas cerradas, sería imposible seguir construíndo coñecemento de xeito global. Non se podería compartir a información para que os demais a puidesen contrastar e consultar e como consecuencia non se estaría a avanzar.

Es muy importante que se tenga la oportunidad de conocer y comprender los resultados del trabajo de investigación científica. No es suficiente que el conocimiento adquirido sea registrado, desarrollado y aplicado sólo por algunos especialistas. La limitación del capital de conocimientos a su propio círculo es la muerte del espíritu filosófico de todo un pueblo y conduce al empobrecimiento intelectual” (Albert Einstein, 1948)

Así pois, logo disto quero deixar un enlace a unha páxina que contén datos, dende o meu punto de vista interesantes e importantes, para ver como a cantidade de recunchos na rede que permiten o coñecemento aberto está a aumentar cada vez máis. https://stateof.creativecommons.org/?utm_campaign=2014fund&utm_source=email3a&utm_medium=html#sthash.GLa1iDNR.dpuf

Poño como dato significativo que hai uns 9 millóns de sitios web que empregan licencias libres, de xeito que a información que conteñen poida ser compartida e consultada de maneira libre.

Do mesmo xeito, quero facer referencia a esta temática porque ao profundizar nela mudei de parecer.

No meu caso eu nunca compartín na rede contidos que eu tiña ou que eu mesma curara a partir doutros elementos. Sempre pensei que o pouco que eu poida saber non vai a repercutir en nada nin en ninguén.

Porén tratar esta rama serviume para decatarme de que “os poucos fan o moito”. Como xa dixen, é moi importante que existan canles abertas para que a información poida ser consultada, modificada para construír coñecemento, e se todos pensasen coma min, non habería coñecementos que compartir.

Ademais, xa para rematar, quero recordar tamén as clases interactivas que dedicamos a traballar na Wikipedia. No primeiro momento no que se dixo que debiamos traballar nalgunha temática concreta e logo compartila ao mundo, pensei que non sería quen de compartir os coñecementos construídos.

Porén, a publicación de contidos ten un grande traballo de fondo que asegura que o que se vai a compartir é certo e fiable. Así, foi como souben que non é nin tan difícil e ao mesmo tempo pode axudar a demais persoas a atopar información que buscan.

 

Do mesmo xeito, creo importante facer mención a un termo que está estreitamente relacionado. Os Recursos Educativos Abertos (REA). Estes enténdense coma o conxunto de documentos, investigacións, materiais, etc, que están dispoñibles na rede de xeito aberto e que teñen como finalidade contribuír ao proceso de ensinanza – aprendizaxe.

Con todo isto quero reflectir que debemos colaborar todos e crear unha boa rede de recursos de libre acceso para poder avanzar e crear un maior coñecemento significativo entre toda a comunidade dixital.

 

Bibliografía:

http://gredos.usal.es/jspui/bitstream/10366/56045/1/OCA_Conocimientoabiertoen.pdf

http://opendefinition.org/od/1.0/es/

García Peñalvo, F.J.(2008): El conocimiento abierto en español en la universidad. Universidade de Salamanca. En  http://repositorio.grial.eu/bitstream/grial/280/1/El%20conocimiento%20Abierto%20en%20Espa%C3%B1ol%20en%20la%20Universidad.pdf (Recuperado 12/06/15)

Comentarios

  • Noelia Fernandez Alvarez

    Como podes ver, eu tamén elaborei unha entrada sobre o Coñecemento aberto, porque dende un primeiro momento me pareceu interesante e as miñas ideas cambiaron. Que sería das nosas pescudas se o que existe na rede non fose de acceso aberto? Ou mesmo tamén sen a existencia de ditos recursos educativos abertos.
    Grazas á elaboración de entradas abordando contidos así como tamén as nosas pequenas aportacións na Wikipedia, conseguín darlle máis valor a que os meus coñecementos, creacións propias, elaboracións, etc. sexan transmitidas aos meus compañeiros de xeito aberto. Deste xeito tamén se poden recibir opinións ou críticas construtivas nas cales se pode mudar a túa opinión acerca dalgo ou mesmo facer reflexionar aos outros coas túas aportacións.

  • Borja

    Totalmente de acuerdo contigo Noelia. Para mí, esta idea de usar una red social en el que compartir conocimientos entre nosotros ha resultado fundamental para, una vez finalizado el trabajo, irse con una sensación agradable de el aprendizaje conseguido. Está claro que el conocimiento abierto aumenta el nivel de conocimiento de la población, resultando importante actuar como sociedad del conocimiento.