NARRATIVA TRANSMEDIA

Debo dicir, que este termo resultou de grande interese para min, posto que aínda que foi tratado na clase, non o analizara o debido, e unha vez que indaguei pola rede, sorprendeume a súa profundidade.

Para comezar, quero aclarar o seu termo. Este, a narrativa transmedia ou storytelling, foi introducido por primeira vez por Henry Jenkins, investigador estadounidense, en xaneiro do 2003.

Dito autor aporta do mesmo as dúas características principais:

  • Dunha banda trátase dunha historia que é contada a través de diversos medios e plataformas. Deste xeito, cada unha desas plataformas contará unha parte diferente da historia e aportará elementos diferentes ao mundo narrativo creado.

Un dos exemplos que atopei e que me parece representativo para  poder entender dito termo é o de Superman. Esa historia comezou coma un cómic; posteriormente continuou na televisión e na radio nos anos 40 e rematou no cine no ano 1970 (http://www.accioncultural.es/media/Default%20Files/activ/2014/Adj/Anuario_ACE_2014/6Transmedia_CScolari.pdf).

  • Por outra banda hai que ter en conta que ditas historias, en moitos casos non son simplemente transmitidas como punto final aos receptores, se non que estes encárganse de remodificalas de novo e seguir aumentando a traxectoria desas historias.

Así, tamén atopei unha fórmula que quero deixar aquí, posto que me pareceu moi interesante e tamén outro xeito de comprender o termo. Sería a seguinte:

                                                                    IM  + CPU = NT

IM: Industria dos medios.      CPU:Cultura participativa dos usuarios.                  NT: Narrativa Transmedia.

Ademais, paréceme de interese e importante deixar constancia das sete características coas que conta este elemento segundo o seu fundador, Henry Jenkins.

  • Expansión VS profundidade: expansión fai referencia á propagación a través das diferentes redes sociais dos relatos. Profundidade refírese á tarefa de indagar e atopar os verdadeiros seguidores que difundirán as creación propias.
  • Continuidade VS multiplicidade: a continuidade é precisa xa que os usuarios esperan que as historias continúen do mesmo xeito en diversas plataformas (película, series ou videoxogos). Así este elemento compleméntase coa multiplicidade, que vén a ser a ampliación da historia a outras plataformas respecto dos seus inicios, aumentando desta maneira os tipos de tramas e situacións (respecto ao comezo).
  • Inmersión VS extrabilidade: a inmersión está unida a este tipo de narrativas, xa que invita a aos usuarios a inmiscuirse nas mesmas. Por outra banda, a extrabilidade fálanos de poder extraer elementos da historia inicial e introducilos na vida cotiá.
  • Construción de mundos: este aspecto fai referencia a que aínda que a historia se traspase a múltiples plataformas, eses mundos que se crean teñen que conservar elementos da historia orixinal para que sexan verosímiles.
  • Serialidade: nestas novas narrativas, o conxunto de elementos e tramas que as compoñen non teñen unha organización lineal, se non que traspasan a moitos medios diferentes.
  • Subxectividade: tenden a crear, a partir dunha historia e uns personaxes principal, novas situacións e tramas que levan á aparición de máis personaxes e novas tramas, de xeito que a narración non cesa.
  • Realización: xa que as Narrativas Transmiedia teñen como elemento principal a participación do usuario, a realización refírese a esas novas creacións que ditos usuarios fan dunha historia e que comparten na rede.

 

Ademais, indagando na fundación e inicios deste elemento, puiden saber que emerxeu nun principio polo feito de que, primeiramente coa aparición das múltiples canles televisivas, e máis tarde, coa difusión das novas formas de comunicación interactiva, a audiencia e a propia comunicación foise fragmentando cada vez máis, o que provocou que a industria televisiva se vise afectada.

Dita industria funcionaba (e funciona) grazas aos millóns de usuarios que teñen, polo que a partir desa fragmentación se tiveron que buscar alternativas.

Foi aí onde tivo lugar a creación e aparición da Narrativa Transmedia a cal favoreceu novamente a implicación dos usuarios dun xeito innovador e permitiu solucionar a problemática emerxida.

Con todo, a aparición desta nova forma de crear e transmitir historias non so afecta ao sector das comunicacións, se non que tamén ten moita cabida no contexto educativo, posto que permiten crear contornos de aprendizaxe próximos á vida cotiá dos alumnos.

A partir de simples historias, creáanse diversidade de materiais interactivos para empregar no proceso de ensino – aprendizaxe.

Deste xeito, permiten que os alumnos e alumnas poidan aprender diversidade de conceptos e temáticas dun xeito interactivo, o que favorece a súa implicación e concentración na realización das actividades, favorecendo unha maior aprendizaxe significativa.

Como remate, quero dar conta de que a día de hoxe son moitos os centros que están a traballar xa con contidos de narrativa transmedia, posto que ven os seus resultados positivos na aprendizaxe e tamén favorecen a unha mellor alfabetización mediática dos alumnos e alumnas.

Finalizo cun exemplo desta temática. Algúns coñeceredes a serie de Águila Roja. Pois ben, a web de dita serie recibiu o premio de Rose d’Or ao mellor contido multiplataforma. Por iso, poño un exemplo dun dos comics creados a partir da narrativa transmedia.

Bibliografía:

http://oed.ub.edu/proyectos/transmedia.html

http://www.socialtves.com/las-7-caracteristicas-de-transmedia-por-henri-jenkins/

Carlos A. Scolari: Narrativas transmedia: nuevas formas de comunicar en la era digital. Anuario AC/E de Cultura digital. 2014. Arquivo PDF http://www.accioncultural.es/media/Default%20Files/activ/2014/Adj/Anuario_ACE_2014/6Transmedia_CScolari.pdf (Recuperado 25/06/15)

http://www.gallinapintadita.com/

Comentarios