APRENDAMOS NA REDE!

De que imos a falar? Pois aquí, tratarei a temática do e –learning ou tamén chamado aprendizaxe en rede, e para iso debo comezar dando unhas premisas básicas.

Cando se fala de formación en rede hai que ter en conta que emprega un software específico denominado plataformas de formación virtual, que segundo a súa finalidade serán unhas ou outras como:

  • Portais de distribución de contidos.
  • Contornas de traballo en grupo ou colaboración.
  • Sistemas de xestión de contidos (Content Management System, CMS).
  • Sistemas de xestión do coñecemento (Learning Management System, LMS), tamén chamados Virtual Learning Enviroment (VLE) ou Entornos Virtuais de Aprendizaxe (EVA).
  • Sistemas de xestión de contidos para o coñecemento ou a aprendizaxe (Learning Content Management System, LCMS).

E – learning, como ben se dixo na clase, se o definimos dende un punto de vista restrinxido, é entendido como o conxunto de sistemas de xestión da ensinanza e aprendizaxe, nomeados anteriormente.

Pola contra, se o enfocamos dende un punto de vista ampliado, o e – learning inclúe todos aqueles servizos que fan da ensinanza un entorno baseado nas TIC e que soportan integralmente os procesos formativos, de administración e xestión sociais.

Porén, na rede puiden atopar diversas definicións como:

  1. E – learning refírese á utilización das tecnoloxías de Internet para ofrecer un conxunto de propostas que permitan incrementar o coñecemento e a práctia (Rosenberg, 2001).
  2. E – learning refírese ao proceso de aprendizaxe a distancia que se facilita mediante o uso das Tecnoloxías da Información e Comunicación (Barberá, 2008).

Para entender este termo é importante deixar claro que se trata dun proceso, e non dun produto. Así para que dito proceso se de, necesítanse persoas que falen, que escriban, que ensinen e que aprendan en liña.

Asemade, cabe ter en conta que pasamos a unha sociedade da información e da comunicación, pero tamén da formación, polo que o proceso tradicional de ensino – aprendizaxe mudou.

E como mudou?

  • Os alumnos poden acceder á formación en calquera lugar do mundo e a calquera hora (anywhere, anytime), conectándose á Internet.
  • Pode consultar ao mestre, recibir materiais, enviar traballos, etc.
  • Pode interactuar co seu grupo de xeito sincrónico ou asincrónico
  • Pode acceder a miles de fontes de información e formación

O proceso formativo nesta nova modalidade educativa (aula virtual) desenvólvese nunha plataforma virtual con titorías on- line de xeito que:

  • A actividade do alumno está sendo rexistrada polo sistema de maneira que quede accesible para os docentes.
  • O alumnado pode consultarlle dúbidas aos titores para poder desenvolver de xeito efectivo a súa formación.

Asemade, dentro do e-learning, os contidos preséntanse de dous xeitos diferentes:

  • Contidos formativos non interactivos, que son os e-reading. Estes son documentos de texto que permite ao alumno unha actividade de autoestudo.
  • Contidos formativos interactivos, que son os e-learning, onde os estudantes poden interactuar co material de aprendizaxe ao mesmo tempo que valida que as actividades se realizan correctamente. Este tipo de materiais poden ser xogos, exercicios, etc.

E… que nos pode aportar o e – learning á innovación e mellora da educación?

  1. Estender e facilitar o acceso á formación a individuos e grupos que non poden acceder á educación presencial.
  2. Aumentar a responsabilidade e autonomía dos discentes no seu propio proceso de aprendizaxe.
  3. Superar as barreiras emerxidas pola separación de espazo e tempo do docente e o alumno.
  4. Da potencial interactivo ao conxunto alumno – profesor.
  5. Flexibilidade nos tempos e espazos educativos.
  6. Acceder a milleiros de datos e fontes documentais.
  7. Aprendizaxe colaborativa entre diferentes grupos virtuais.

 

En consecuencia, se entendemos o e – learning como aula virtual de aprendizaxe, atopamos catro dimensións pedagóxicas que son:

  • Dimensión informativa: recursos e materiais de estudo.
  • Dimensión comunicativa: interacción entre discente e docente.
  • Dimensión práxica: conxunto de actividades e experiencias de aprendizaxe (individual ou colectivo).
  • Dimensión titorial e avaliativa: seguimento e valoración do aprendizaxe polo docente.

Ben é certo que a día de hoxe son cada vez máis comúns as plataformas virtuais mediante as cales a construción do coñecemento se realiza dun xeito máis autónomo.

En moitos niveis educativos estase a dar este novo proceso de ensinanza – aprendizaxe, pois é inevitable ir ao ritmo das TIC e introducilas en todos os campos posibles, sacándolle o maior beneficio.

Teño un caso preto, o de miña irmá, que traballando quería estudar. Sería iso posible sen o aprendizaxe en rede? Podería combinar os estudos co traballo se non existise o e –learning?

Realmente penso que non, pero deste novo xeito de concibir a educación, a formación chega a moitas máis persoas (sempre que teñan acceso ás TIC), polo que a formación está en continuo aumento e intercambio.

 

Pódese dicir que o entorno axeitado para o e –learning son os LMS, ou os EVA, que son a agrupación das partes esenciais dos demais entornos para aplicalos na aprendizaxe.

Estes descríbense como contornas que:

  • Permiten o acceso a través de navegadores protexidos polo xeral con contrasinais; empregan os servizos da web 1.0 e 2.0; integran de xeito estruturado os diferentes módulos; adáptanse ás necesidades dos usuarios, polo que dispoñen de distintos roles.

Vendo todo isto, faime pensar en que hoxe en día temos moitos xeitos de adquirir coñecementos, e ter á nosa disposicións plataformas tan completas e que nos oferten tan diversos materias é algo que se debe ter en conta de cara a un futuro, porque o día de mañá poderemos ser nós quen estea do outro lado das plataformas deseñando eses materiais, ou tamén indicando a diversos alumnos e alumnas como empregalas para a súa formación.

 

Bibliografía:

http://www.cfp.us.es/e-learning-definicion-y-caracteristicas

AREA, M. y ADELL, J. (2009): ―eLearning: Enseñar y aprender en espacios virtuales. En J. De Pablos (Coord): Tecnología Educativa. La formación del profesorado en la era de Internet. Aljibe, Málaga, pags. 391-424. Arquivo PDF. http://tecedu.webs.ull.es/textos/eLearning.pdf (Recuperado 29/06/15)

Julio Cabero Almenara (2006): “bases pedagógicas del e-learning”. Revista de Universidad y Sociedad del Conocimiento Vol. 3, Nº1. Arquivo PDF. http://www.uoc.edu/rusc/3/1/dt/esp/cabero.pdf   (Recuperado 29/06/15)

 

Comentarios

  • Ivan Calviño Gomez

    A verdade e que o e-learning da a sensación de que cada vez está a crecer máis. Xa é unha ferramenta que se ten moi en conta no panorama educativo, tan só hai que ver o uso que fai del a propia USC coas súas aulas virtuais ou mesmo con esta rede. Creo que é o complemento perfecto para a educación presencial, pero ao mesmo tempo creo que non debe de ser un sustitutivo, a non ser que a situación o requira, xa que ambas educación ofrecen vantaxes distintas.

    Ademáis o e-learning cada vez é máis accesible, tanto para os alumnos como para os docentes. Antes era demasiado complicado deseñar un proxecto de e-learning. Sen embargo agora existen moitas ferramentas a disposición do pedagogo que lle facilitan o traballo.

    Por exemplo as plataformas LMS e LCMS, os sistemas aos que fas referenza ao comezo da entrada, son bastante accesibles. Eu tiven a sorte de traballar con este tipo de plataformas xunto con algúns compañeiros en outras asinaturas e son moi útiles. En concreto destacaría Chamilo, que che permite deseñar os teus propios cursos formativos. Ten moitas ferramentas á túa disposición, é moi intuitivo e sinxelo de usar e ademáis é gratuíto.

    Deixo por aquí o enlace, tan só hai que rexistrarse e permite crear o teu curso ou anotarte en outros cursos creados pola súa comunidade:

    https://campus.chamilo.org/?language=spanish

     

  • Judith Viqueira Díaz

    Moi interesante o tema Xeila, eu opinó o mesmo ca Ivan cando di que o e-learning esta a medrar cada vez mais pero ao igual que puxen no meu blog considero que non goza aínda do prestixio que se merece, xa que hoxe en día se valora mais a formación presencial. Unha das vantaxes que presenta o e-learning e que fai posible que a formación poida accesible dende calquera lugar e a calquera hora, sempre e cando se dispoña do dispositivo que o permite e unha conexión a internet dispoñible. Todo ten as súas sombras e luces.

  • Belén Varela

    Préceme moi importante esta temática Xeila. Dende o meu punto de vista a mellor das vantaxes do E-learning é que perite a formación de futuros pedagogos e pedagogas como é o noso caso durante toda a vida. Para ser máis exacta o feito de que esteas traballando, o lugar onde residas, os compromisos que teñas, etc non impiden que te formes, ao contrario, podes facelo dende calquer augar cun ordenador e acceso á rede. Teño ao E-éarning como opción de futuro!