FINALIZANDO O PROCESO...

Xa se acaba, a oportunidade de poder demostrar o aprendido remata, eu remato cunha reflexión final.

Creo que debemos ser honestos, sobre todo con nós mesmos. Por iso, debo afirmar que seguramente durante o curso non logrei alcanzar os obxectivos que se pedían por non esforzarme, por non deixarme ver a min mesma as múltiples temáticas nas que se poden indagar, das que se poden buscar información, as que se poden compartir...

Creo que daquela non profundizara o suficiente e iso quedou reflectido tanto nas entradas (que eran pobres) coma no e-portafolios.

Tamén é certo, por outro lado, que eu non estou acostumada a andar moito en redes sociais e o feito de comentar nas demais entradas ainda me custa, pero creo que intento comentar máis e que me fixo máis que no anterior proceso.

Por outro lado, teño dúbidas de se o traballo será o suficientemente bo agora para poder superar, pero debo dicir que aprendín, que este último mes buscando información de diverso tipo, vendo as características, as finalidades, as limitacións...dos temas tratados me fixeron reflexionar sobre todo para o futuro papel como pedagogas.

É por iso que agora me sinto nerviosa porque como pedagogas teremos un papel moi importante, e aprendín que para poder desenvolvelo do xeito máis eficaz e poder contribuír do mellor xeito á sociedade, precísase dunha boa formación, e para unha boa formación tamén fai falta interese propio, e ganas.

Supoño que ao longo da vida nos atoparemos con milleiros de obstáculos que teremos que superar, e ao igual que agora, deberemos facer fronte e sacar o lado positivo.

FELIZ VERÁN E BOAS APRENDIZAXES!

Comentarios

  • Borja

    A min aconteceume algo semellante. O peso do esforzo realizado do primeiro cuatrimestre e durante o proceso de prácticum provocou un baixón de gañas tremendo, e o tempo para recuperarse e afrontar os dous meses e medios restantes foi escaso. Pero temos que quedar co positivo, algo aprendemos, a metodoloxía de empregar redes sociais para comunicar coñecemento e reflexionar en conxunto acerca da tecnoloxía é boa e intentamos aproveitala o mellor posible, aumentando o grado de participación e intercambio de ideas.

  • Noelia Fernandez Alvarez

    Parece que todos os que estamos aquí compartimos sentimentos bastante semellantes. Xeila, eu agora mesmo tamén sinto medo ante esta avaliación, pero como dis ti, esta serviu de moito. Grazas a esta recuperación, eu recuperei, valga a redundancia, moitos coñecementos con esforzo e autonomía, a miña aprendizaxe foi significativa, e penso que iso xa podo resultar para nós relevante e pode facer sentirnos orgullosos. Sorte!

  • Nuria Parada

    Xeila coincido completamente contigo, se nos atopamos agora en xullo aquí é por algo. Son consciente ao igual ca ti que as miñas entradas eran pobres e escasas e isto aconteceu por falta de ganas e tamén por ser a primeira vez que teño que traballar desta maneira, pero como podemos scar o lado positivo de todo teño que dicir que parece que lle vou collendo gusto a isto do Stellae, tanto a publicar clmo a comentar é que a verdade agoraque está chegando o final pareceume moi boa ferramenta para expor as nosas aportacións e construccións persoais.
    Eu tamén estou bastante nerviosa por esta última avaliación xa que é a última oportunidade que teremos este ano para superar esta materia.
    Como me di unha amiga miña: sorte non, éxito a todos!