Reflexión final

Xa se achega o último día no que podemos seguir publicando as entradas que van a ser avaliadas e a medida que chega ese último día miles de dúbidas asaltanme, estará ben feito o traballo realizado? será suficiente? entendería ben o que se me pedía?

Penso que aproveitei esta segunda oportunidade da mellor maneira que souben, xa que a primeira a deixei escapar ao sentirme frustada coa avaliación, ter que utilizar unha nova rede social, as demais asignaturas, novos conceptos....sei que non é excusa por que debería dar o mellor de min en cada asignatura, pero ás veces a información que recibes supera en gran medida o que ti podes asimilar...creo que me sentía demasiado infoxicada, que me sentía perdida e non souben abordar este tema da mellor maneira posible.

Durante esta segunda oportunidade centreime nos temas que máis me chamaron a atención dos que se foron falando na aula e nos termos dos que nunca oíra falar que me pareceron moi útiles para a miña vida diaria como pode ser a busca de información, a infoxicación, a web 2.0 e o e-learning, competencia dixital ¿que é?.

Agora xa só queda un último paso que é reelaborar o meu portafolios e só queda un último esforzo que espero que dea os seus froitos.

Desexovos moita sorte a todos e espero que todos consigamos superar con éxito esta proba.