Competencia dixital ¿Que é?

O Centro de Profesorado de Córdoba recolle que a competencia dixital "consiste en dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, e para transformala en coñecemento. Incorpora diferentes habilidades, que van dende o acceso á información ata a súa transmisión en distintos soportes unha vez tratada, incluíndo a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación como elemento esencial para informarse, aprender e comunicarse. Está asociada coa busca, selección, rexistro e tratamiento ou análise da información, utilizando técnicas e estratexias diversas para acceder a ela segundo a fuente á que se acuda e o soporte que se utilice (oral, impreso, audiovisual, dixital ou multimedia). Require o dominio de linguaxes específicos básicos (textual, numérico, icónico, visual, gráfico e sonoro) e das súas pautas de decodificación e transferencia, así como aplicar en distintas situacións e contextos o coñecemento dos diferentes tipos de información, as súas fontes, as súas posibilidades e a súa localización, así como os linguaxes e soportes máis frecuentes nos que esta adoita expresarse...”

Despois de ter profundizado no significado do termo procedin a visualización de dous vídeos moi interesantes sobre o tema. Un deles está protagonizado por Manuel Area Moreira Profesor da Universidade de La Laguna e relatanos o que é a competencia dixital e como ensinala nas aulas. Aquí vos deixo o enlace:

Outro dos vídeos está protagonizado por Jordi Adell, onde nos fala da competencia dixital.

Neste vídeo fálanos dos diferentes compoñentes que se recollen dentro da competencia dixital, e deste compoñentes quero resaltar o das alfabetizacións múltiples, por ser outro dos termos dos que falamos na aula cando a competencia dixital.

Segundo a Unión Europea enténdese por alfabetización múltiple un “concepto que engloba as competencias de lectura e de escritura para a comprensión, utilización e avaliación crítica de diferentes formas de información, incluidos os textos e imaxes, escritos, impresos ou en versión electrónica”

Hoxe en día é habitual oír falar destes dou termos, termos que xurdiron coa aparición da denominada web 2.0, xa que sen o xurdimento dunha web interactiva onde poder compartir a información non tería sentido falar dunha competencia dixital, xa que como a propia definición recollida di faise necesaria compartir esta información. 

Estes dous termos tamen teñen unha clara conexión coa busca da información, cunha boa busca de información, xa que necesitamos estar constantemente informados e para iso precisamos saber buscar información na internet dunha maneira eficaz.

Dende a Unión Europea tamén se fai fincapé en dotar aos alumnos desta competencia dixital a través dunha boa alfabetización múltiple, idea que comparto xa que hoxe en día non se concibe non saber utilizar un ordenador ou non saber facer unha busca na internet, polo que é necesario que as xeración futuras teñan unha boa formación neste senso. Formación que considero que non se impartiu, polo menos polo que a min respeta, e formación que considero que nós, como futuros pedagogos e futuras pedagogas que algún día seremos debemos incluír no deseño desta. 

Nesta nova era da información e comunicación onde é tan importante saber manexar as novas tecnoloxías considero que é necesario ter unha boa competencia neste senso para non quedarnos atrás no que a estes temas se refire.

Fontes consultadas:

http://competenciasbasicascordoba.webnode.es/competencia-digital-e-informacional/

https://sede.educacion.gob.es/.../2013-alfabetizaciones-multiples-07.pdf

Comentarios

  • Belén Varela

    Moi boa entrada Judith!  Totalemnete de acordo contigo! Precisamos de competencia dixital, de unha formación con e nas TIC e dendo o meu punto de vista necesitamos investigar e seguir innoovando nas TIC e na educación xa que son un recurso pedagóxico moi enriquecedor nas aulas! Un saúdo :)