Alfabetizacións múltiples e a Identidade dixital

Alfabetizacións múltiples

As sociedades van evolucionando e a nosa está cada vez máis condicionada pola tecnoloxía, feito que interfire globalmente nas nosas vidas e pon en evidencia a necesidade de actualizar a Educación. Os nosos sistemas educativos deben avanzar ao mesmo ritmo que a nosa sociedade debendo propiciar, de forma interxeracional, o coñecemento, o bo uso e disfrute da tecnoloxía.

O concepto de “alfabetización múltiple” engloba as competencias lectoescritoras para a comprensión, emprego e avaliación da variade de formas que presenta a información nos nosos días (textos escritos ou electrónicos, imaxes, vídeos, …). A vertente práctica do concepto busca a unión entre as competencias dixital, lingüística e mediática co fin de crear un currículo básico tanto para o profesorado como para o alumnado.

 

Identidade dixital:

            O concepto de “identidade” fai referencia ó conxunto de características que definen a un individuo. Co avance cultural, social e tecnolóxico, o termo foi evolucionando e hoxe en día fálase tamén de “identidade dixital”, facendo referencia a exposición das nosas caracterísitcas nun entorno dixital.

            O medio que facilita a transición da identidade cara a identidade dixital é  Internet, a través das redes sociais (Facebook, Tuenti, Twitter, Tumblr, etc.), correo electrónico (Gmail, Outlook, Yahoo, etc.), blogs (Blogger, Wordpress, etc.), redes de emprego (linkedin, xing, etc.).

            A identidade e a identidade dixital poden coincidir ou non, é dicir, na rede podemos amosar ou ocultar caracterísitcas según conveña (motivado normalmente polo tipo de web á que acedamos). A vida ten hoxe en día unha amplitude maior e xa non so discorre nun ámbito físico, como dicíamos o lugar e o tempo son conceptos que se perden na rede e, entre outras, a nosa identidade de xeito distorsionado, enganado, mellorado ou denigrado.

Webgrafía:
www.mecd.gob.es/dctm/sede/.../2013-alfabetizaciones-multiples.pdf
http://www2.ual.es/ci2bual/comunicar-la-informacion/identidad-digital/