O peso da Wikipedia

Brais (Bloqueado)
Por Brais Comentarios (1)

Grazas a visita de Jorge Sierra que tivemos o outro día para falarnos da Wikipedia e do grupo Wikimedia, adquirin un novo concepto do que significa para min a Wikipedia. A conclusión que cheguei é que a Wikipedia e o lugar donde se almacena todo o coñecemento relevante creado polo ser humano.
Pero que o diferencia de unha enciclopedia?
É certo que teñen moitas similitudes en moitos aspectos, pero a Wikipedia está actualizada o seculo XXI, dado que é unha ferramenta actualizable a todo momento. O mais importante de todo é que está creada por persoas é para persoas. Estas persoas queren formar parte da divulgación do coñecemento, enton convirtense nunha comunidade que intenta ter unha ferramenta productiva para o usuario final, o cal tamén ten no seu poder a decisión de formar parte ou non na comunidade.
Dous aspectos a destacar son a seguridade da páxina e por outro lado o código moral e ético que ten a Wikipedia respeto do coñecemento libre.
En canto a política da comunidade, gústame a idea que teñen de que todo o que esta na Wikipedia é de todos, e cando un escribe nesta, o contido pasa a ser público para que todos nos podamos nutrir deste.
Por outra parte e moi loable que podamos compartir toda a información que está dentro da Wikipedia, gracias a xestión de todos os que colaboran nela podemos estar seguros de que o contido está totalmente verificado. Os contidos da Wikipedia convirtense en relevantes incluso para dar peso a escritos académicos.
En canto a seguridade sorprendeume o dato de que cando alguen modifica na Wikipedia para atentar contra o seu contido, este tipo de ataques duren unha media de 40 segundos. É incrible a cantidade de ferramentas que existen para que a Wikipedia funcione e que o usuario final non coñece.
Para rematar este pequeno discurso gustaríame propoñer unha pequeña mellora que creo que sería moi beneficioso para a Wikipedia.
Gracias a información da charla sabemos que a Wikipedia é segura e os seus contidos están verificados. Polo tanto debería ensinar o mundo e informar mais insistentemente que se poden empregar os seus contidos académicamente e que facer un traballo con contidos da Wikipedia non debería de ser perxudicial por todos os motivos citados anteriormente.

 

Comentarios

  • inesvega (Bloqueado)
    inesvega

    Brais, gustoume moito a túa publicación.  Gustaríame engadir algo a túa frase final en canto a que se poden empregar os contidos da wikipedia académicamente. Estou moi dacordo nese aspecto, pero o problema é que os docentes, a lo menos no meu caso, sempre desprestixiaron a información que Wikipedia posúe. Un obxectivo que debemos ter nos como futuros mestres, é ensinarlles realmente aos nosos alumnos como se debe empregar Wikipedia, e mostrarlles que podemos atopar contidos moi interesantes , que nos poderán ser de gran utilidade.