A tecnoloxía reflexada en revistas

Entre tantos e tantos traballos  elaborados ao longo da carreira de Pedagoxía, lémbrome que na materia Documentanción e Información Educativa investigara a evolución, vantaxas e inconvintes das tecnoloxías educativas en Educación Primaria. Tamén me informara cales eran as máis usadas e qué posturas e pensamentos se arraigaban. Así pois, deixóvos un artigo moi interesante da revista Daena: International Journal of Good Conscience, na cal se explican as duas posturas enfrontadas de Clark e Kozma en canto ao efecto dos medios na aprendizaxe. Por un lado Clark, desde 1983, publicou traballos nos cales a súa postura é afirmar que os medios de comunicación non inflúen na aprendizaxe. Pero Kozma a diferencia de Clark defende que os medios si inflúen na aprendizaxe e nas características cognitivas.

Considero que a incorporación das TIC´s na educación, no contexto educativo deu un novo impulso á Pedogoxía, estimulando o sistema escolar na búsqueda de novos camiños para aprender. Deste modo, a discusión non debe ir máis alá de referirse a súa incorporación ou non, senon que se debe orientar ao cómo elevar a calidade do proceso de ensinanza-aprendizaxe coas mesmas e como integralas de maneira que o educativo transcenda ao tecnolóxico.

da.jpg Daena: International Journal of Good Conscience

Vázquez, A., Jesus, Mª., e Döfer, C. (2012). Análisis crítico sobre el efecto de los medios en el aprendizaje. Daena: International Journal of Good Conscience, 7 (2), 42-48.