Red Social

"Red Social", a película baseada no libro "Multimillonarios por accidente" representa a  exactitude o que expresei na miña primeira entrada sobre o que era para min a tecnoloxía. 

Nesta podemos apreciar cómo se inventou o "Facebook" e todo o que conlevou o seu invento, pois empezou sendo unha pequena rede social para os da universidade de Harvard, para que se coñecesen todos, pero pouco a pouco foise expandindo a unha rede social de dominio mundial, no que vemos rara a aquela persona que non ten Facebook. 

A este punto chega a sociedade, a ver a alguen "raro" por non dispor dunha conta en Facebook e compartir todos os momentos co mundo enteiro, pero teríamos que plantearnos si os raros somos aqueles que dispoñemos de Facebook e que xa non sabemos vivir sin el, ou sin outra rede social, xa que estamos mais pendientes das vidas dos demais e dos momentos que comparten nesta plataforma virtual que da nosa propia vida.

E verdade que a través de Facebook pódense aprender coñecementos novos e que nunca pensamos que os ibamos adquirir, pero para que as redes sociales se empregasen de este punto de vista, a tecnoloxía educativa debería de ir máis alá de ensinar a buscar información en buscadores, senon que se debería ensinar a encontrar información a través de Facebook.

Como se pode ver na película, Facebook ocasionou e ocaisona diversos problemas legais, existe o ciberacoso que cada día está máis vixente e máis olvidado, teríamos que empezar a preocuparnos por como estamos a educar a sociedade coa tecnoloxía, para que todo tipo de acoso se finalizase, e se empregasen as redes socias co fin que se crearon, (como ben se aprecia na película) para comunicarnos co resto do mundo, coñecer diversas culturas e adquirir coñecementos ao mesmo tempo que se poden compartir, para que todo o mundo poda realizar un aprendizaxe de maneira indirecta enriquecendo os coñecementos da poboación sobre temas que descoñecían.

 

A continuación adxunto o trailer da película: