O asesoramento: unha práctica que ,aveces, loita "contra corrente".

A raíz da lectura do artigo: Estrategias centradas en el asesoramiento para la innovación, de Paulino Murillo, xurdíronme algunhas reflexións e interrogantes que me gustaría comentar con vós respecto a complexa labor do asesor no contexto educativo, posto  que, en ocasións, este parece navegar contra corrente ante  a preservación dunha , máis que instaurada cultura de centro escolar, baseada no individualismo, e, como apunta Murillo:  las formas de trabajo habituales en los centros escolares vienen siendo muy individualistas, con escasos espacios, tiempos y ámbitos de trabajo común (Bolívar, 1997), a lo que se une la "cultura" forjada durante mucho tiempo del asesor como la persona que diagnostica problemas individuales.

       Sen dúbida, esta realidade cultural condiciona e limita en gran medida o quefacer e posibilidades da actuación asesora naqueles centros, que non poucos, que continúan ancorados nesta cultura do illamento, tendo o asesor que loitar conta corrente neste marco de soidade colaborativa, polo que, o modelo de asesoramento empregado  neste contexto , dista moito de parecerse ó acertado Modelo de Proceso que propón  Murillo para encarnar a praxe da nosa labor.

      Entón, cabería preguntarse como futuros psicopedagogos: ¿cómo poderemos exercer a nosa labor asesora con eficacia ,cando moitos centros aínda seguen a considerarnos os "paquistanís da educación" , como escoitei moitas veces durante a estancia en  prácticas desta carreira, ou mesmo os "desertores da tiza", como se indica no propio texto.

       A este respecto, Murillo argumenta que :  Actualmente, la figura del asesor no se ha llegado a desprender completamente de la etiqueta que ha tenido durante años en cuanto a "vendedor" de la Reforma Educativa. Y es precisamente aquí donde pueden aparecer los primeros problemas, pues si el rol del asesor debe estar más próximo a la formación que a la burocracia, es esta última la que con frecuencia sigue predominando sobre la primera, constituyéndose, en el mejor de los casos, en tareas compartidas que añaden mayor indefinición si cabe a la propia actuación del asesor y al desarrollo de sus funciones.

Esta realidade, aínda vixente , vai a supoñer, de partida, unha enorme dificultade a hora de xerar vínculos e relacións co profesorado, polo que teremos que actuar como estrategos da palabra e facernos constantemente valer co exercicio da nosa práctica e cun axeitado soporte teórico, ata lograr  eliminar por completo esa barreira cultural, e   desconfianza tan arraigada, existente aínda en moitos centros de ensino, para conseguir  así gañar credibilidade ca nosa complexa labor.

           Outro dos aspectos que me incitou á reflexión, e sobre o que iniciamos un debate na aula o último día ,  reside  nas relacións de poder que, en ocasións, se poden chegar a establecer entorno ó papel de asesor entendido  como experto  de coñecementos,  pero... ¿ experto en qué?.

       Sabias palabras as de Murillo cando reitera a importancia da colaboración e interacción entre iguais fronte a imaxe de asesor como experto : Hoy día la competencia del asesor no debe ser vista como una relación jerárquica de rango superior que se ejerce sobre el profesorado. Su papel no debe ser el del experto que tiene la clave y solución para todos los problemas que se planteen en los centros, ya que con ese posicionamiento se fomenta una situación de dependencia del profesorado con respecto al asesor que se aleja tremendamente del objetivo de conseguir y fomentar una mayor profesionalización de los docentes.

      Polo exposto, coido que a imaxe do asesor non pode ser concibida como a dun profesional que domina coñecementos teóricos, senón máis ben como unha figura de apoio que presta servizo e axuda ós centros educativos para favorecer a mellora da calidade dos procesos e interaccións, "entendidos de igual a igual", que se derivan das súas  prácticas,  posto que, senón  se traballa esta imaxe, corremos o risco de que os docentes segan a percibir ese "aparente" atisbo de control  ou autoridade, socialmente asumido,  que desencadearía nunha desconfianza e deterioro das vitais relacións entre ambas figuras.

   ¿E vós, qué opinades sobre isto?.

 

    -Bibliografía empregada: Murillo, P. (2004). Hacia la construcción de un nuevo modelo de asesoramiento/supervisión". Educare, nº 5, año 2, 44-57. (Extracto do traballo Estrategias centradas en el asesoramiento para la innovación ).

 

   

Comentarios

  • Sonia Figueira González

    Hola Laura, paréceme moi interesante a túa reflexión xa que reivindicas un dos problemas que máis nos vai afectar na nosa práctica profesional, o individualismo. Como eu mesma mencionei nunha das miñas entradas non se pode concebir a orientación ou o asesoramento sen que exista unha cultura colaborativa entre os diferentes membros do centro educativo. Sen embargo, non é tan raro encontrarnos con esta realidade xa que vivimos nunha sociedade tremendamente competitiva e individualista e estas actitudes trasládanse tamén ao ámbito educativo.

    Parece mentira que aínda hoxe o orientador/asesor teña que gañarse a súa valía con sudor e esforzo e loitar pola súa credibilidade ou mesmo por non ser considerado como un inimigo, cando en realidade somos un punto de apoio que se debe agradecer e valorar en gran medida. Penso que esta actitude reacia cara a nosa figura se debe en moitas ocasións ao descoñecemento por parte da comunidade educativa das nosas funcións ou mesmo ao que ti mesma mencionas, as relacións de poder.

    En calquera dos casos penso que vai sendo hora de que nos poñamos as pilas, de que loitemmos pola nosa profesión, de que busquemos a colaboración e implicación de todos os axentes da comunidade na educación como unha das súas responsabilidades de cara ao futuro dos seus fillos e fillas... en definitiva, de que nos fagamos escoitar.