A falsa crenza de que “canto antes e máis, mellor”

Onte rematei de ler un libro apasionate Educar en el asombro de Cateherine L´Ecuyer, o cal mo regalaron cando estiven en prácticas. En varios capítulos sae a tecnoloxía cuestionada como método de ensinanza para os nenos/as en  idades temperás.

“…sus hijos quedarán atrás si no les ponemos un ratón en las manos con apenas dos, tres o cuatro años.”

“Nuestros niños son nativos digitales, no inmigrantes digitales como nosotros. Ellos no se quedarán atrás. No van a perder ningún tren porque el tren de las nuevas tecnologías no se pierde. ¡Pasa cada segundo! Y al ritmo que va todo, cada tren de las nuevas tecnologías que pasa es obsoleto pasados 500 metros…. Y navegar por internet dentro de diez años, si es que todavía se hace como lo hacemos ahora, lo aprenderán en medio minuto…”

 Reflexionando sobre estas ideas é certo que a maioría das novas tecnoloxías que existen cando un neno/a ten tres anos, probablemente non existirán cando chegue a secundaria, a bacharelato ou ao mercado laboral, polo que introducilas con tres anos pode considerarse como unha pérdida de tempo. Este libro tamén está encontra da sobreestimulación e defende que os nenos/as non necesitan que os motivemos a priori, xa que teñen unha capacidade de asombro e entretenemento admirable e sorprendente antes as pequenas cousas e os detalles que forman parte do cotidiano. Neste sentido reivindícase o aprendizaxe a través do asombro, todo aquelo que nace desde dentro do neno e que fai custionarse, interesarse, imaxinarse, buscar, averiguar, inventar…..en definitiva, capaz de pensar, que é o propio da persoa humana.

Tamén me chamou a atención, e quero compartilo con vosoutros, que altos directivos de empresas tecnolóxicas multinacionais establecidas en Silicon Valley (lugar coñecido por ser cuna das invencións tecnolóxicas e epicentro da economía tecnolóxica a nivel mundial) mandan aos seus fillos/as a un colexio de élite onde non utilizan tecnoloxías nas súas aulas. Os pais traballan en Google, Apple, Yahoo…e os seus fillos nunca uitlizaron Google. Escriben con lápiz e papel e os seus mestres empregan unha pizarra tradicional. Non hai ningunha pantalla en todo o colexio e este desincentiva o seu uso en casa.

Sorprendente verdade? E sabedes que argumento defenden?

“El ordenador impide el pensamiento crítico, deshumaniza el aprendizaje, la interacción humana y acorta el tiempo de atención de los alumnos.”

Un dos pais, graduado en tecnoloxía e pertencente ao departamento de Comunicación executiva en Google, di:

 “ Mi hija de quinto de primaria no sabe cómo usar Google e mi hijo de tercero de secundaria está empenzando a aprender. La tecnología tiene su tiempo  y su lugar (…) Es super fácil. Es como aprender a usar pasta de dientes. En Google y en todos estos sitios hacemos la tecnología tan fácil que la puede usar cualquier persona. No hay razón por la cual los niños no puedan aprenderlo cuando sean mayores.”

Que vos parece? Estou dacordo en que é necesario que cando os nenos/as naveguen por Internet deben ter a madurez suficiente para poder xestionar o seu tempo de navegación, para poder filtrar os contidos, para entender o concepto de intimidade propia e para poder organizar a información baseándose en criterios previamente adquiridos. Pero entón a que idades nos estamos referindo?

Libro recomendadísimo!!!!

L´Ecuyer, C. (2012). Educar en el asombro. Barcelona: Plataforma Editorial 

Comentarios

  • Jesús López

    Bo día;

    A verdade que as ideas que reflictes do libro fano moi apetecible. Comparto a opinión, con matices, de que o ordenador impide o pensamento crítico, dehumaniza a aprendizaxe, a interacción humana e acorta o tempo de atención dos alumnos. Penso que isto está ocorrendo, pero non polo feito de usar as novas tecnoloxías dende idades temperás, senón polo xeito de usalas.

    Cada vez observamos máis pais e nais que utilizan as tablets e as novas tecnoloxías en xeral para entreter aos fillos, durante viaxes de horas, durante comidas familiares ou no tempo libre dos rapaces, xa que doutro xeito "darían a chapa e así están quietiños e caladiños". Seguro que ti tamén tes comprobado estes comportamentos.

    Non ten nada de malo a parte de ocio vinculadas as novas tecnoloxías, pero sí o ten o seu uso continuado e substitutivo doutras accións. Con isto, refírome á conversación nesas horas de viaxe, no vínculo que deixas de establecer coa túa familia coa evasión permanente da tablet ou en deixar nas mans dunha aplicación educativa (xustificación habitual de pais e nais) a aprendizaxe dos teus fillos (ensinarlle ti os números ou que o faga a tablet).

    Cando se dan estos comportamentos, tan habituais a día de hoxe, doulle a razón aos que din o ordenador impide o pensamento crítico, deshumaniza a aprendizaxe, a interacción humana e acorta o tempo de atención dos alumnos. Realmente é así, aínda que na miña opinión o culpable non é o ordenador, senón o dono do mesmo.

    Un saúdo

  • Beatriz Pena Alonso

    Boas tardes:

    Entrei no teu post porque me chamou moito a atención o título, e a verdade e que lendo un pouco o que contas, o libro parece moi interesante. Neste sentido, teño que confesar que me econtro ante unha encrucillada. Por unha parte, estou totalmente de acordo coa tua reflexión, pois penso que o mundo tecnolóxico avanza tan rápido que o que hoxe coñecemos como tecnoloxía será moi diferente ao que se referirá no día de mañá, e os nenos e nenas realmente teñen tempo de sobra para adentrarse neste mundo, e o que deben facer agora é iso que comentas de recibir unha aprendizaxe a través de asombro, que a mín aseméllaseme a aquilo que Decroly denominaba centros de interese, que abogan por un ambiente de aprendizaxe interante e motivador en función do que o neno ou nena lle interesa coñecer.

    Porén, no referente ó ámbito educativo, xa na propia lexislación se estipula que unha das súas sete competencias clave será a que traballa aspectos da tecnoloxía da información e comunicación (Competencia Dixital), incluso dende os niveis máis inferiores como infantil. Ademais, ao meu parecer, as novas tecnoloxías poden ser unha fonte de axuda e mellora para aqueles nenos e nenas que presentan necesidades específicas de apoio educativo (polo menos dende o que eu coñecín na miña experiencia de prácticas). 

    A verdade e que sempre que falo de tecnoloxía éntrame esa dúbida, de ata que punto son "boas e malas". Ó final eu creo que é todo unha cuestión de equilibrio, nin moito nin pouco. E iso sí, como ti dis, sempre axustado á idade e aos momentos evolutivos dos nenos e nenas.

  • Ariana

    Hola¡¡ Comparto tu opinión con respecto al libro Educar en el asombro, ya que yo también lo he leído y no tengo nada más que buenas palabras hacia él. Recomiendo su lectura y máxime para todas aquellas personas que se dediquen o quieran dedicarse al mundo educativo. 

    En especial me gustó la importancia que le da la autora a potenciar en los niños aspectos como la curiosidad y la imaginación, así como el apego por parte de sus familias. Realiza una ligera crítica a la sociedad actual, muy vinculado con lo que tú bien nos transmites, la rapided con la que avanzan las tecnologías. Los cambios frenéticos que estamos experimentando y que someten a la población a un estrés que estamos contagiando a los más pequeños.

    Comparto también contigo la idea de que se deberían ajustar las edades de los niños al uso de las tecnologías, como ordenadores y tablets, ya que en edades tempranas impiden el desarrollo del pensamiento crítico, de la imaginación y de la creatividad.

    En cuanto al hecho de que los altos directivos de empresas como silicon valley lleven a sus hijos a colegios exentos de nuevas tecnologías, al cual se hace referencia en el libro, llamó tanto mi atención que intenté buscar los motivos en la red. Encontré que los colegios en los que estudian sus hijos funcionan a través del método Waldorf, el cual se caracteriza por ser un método de enseñanza basado en el aprendizaje a través de la educación física y de tareas manuales y creativas. Los niños aprenden a través de la experimentación, ligando el conocimiento a actividades concretas que incrementen y potencien su curiosidad "asombro", así mismo se potencia su motivación y felicidad por aprender. Os adjunto una noticia en la cual se explica un poco más del funcionamiento de estas escuelas.

    http://ecodiario.eleconomista.es/cultura/noticias/7266789/01/16/El-colegio-sin-ordenadores-ni-pantallas-donde-estudian-los-hijos-de-los-empleados-de-Silicon-Valley.html

    Un saludo¡¡