Videoxogos como ferramentas educativas

 

Enlazando co tema que tratou a miña compañeira Irene Campelo, recordei un documental que visualizamos na clase o ano pasado na materia de Pedagoxía Social chamado “Mamá no me molestes, estoy aprendiendo”, no cal establecia unha relación directa entre a tecnoloxía  e a educación para a transformación do sistema educativo, xa que se necesitan novas competencias e habilidades, para poder traballar en equipo, prácticas máis innovadoras etc. No cal tamén se mencionaba o emprego dos videoxogos como unha ferramenta de aprendizaxe.

Neste documental comentábase a importancia de implicar aos alumnos na súa propia aprendizaxe, que eles sexan o centro da súa propia educación; como mencionei en entradas anteriores na comentaba que a tecnoloxía podía chegar a favorecer o aprendizaxe autónomo.

A tecnoloxía require prácticas educativas máis innovadoras, os ordenadores e videoxogos non son tan prexudiciais como algúns entes da sociedade pretenden mostrar, como pode ser a prensa, que incentiva unha mala visión dos videoxogos, aínda que os beneficios que estes poden achegar son moitos, e as dificultades escasas.

Na actualidade, os videoxogos nas súas múltiples variantes, ofrecen un espazo cada vez mais amplo onde experimentar. Xa que a interacción entre o xogo e os xogadores, xa sexa en espazos presenciais ou virtuais, inflúen na forma de aprender. Ante este feito os profesionais da educación e as propias institucións escolares non poden quedar a marxe. Polo tanto as experiencias dixitais que teñen os nenos e os xóvenes no seu tempo libre, deben traspasar a fronteira do xogo fora da aula para interaccionar con ela.

Entre os beneficios dos videoxogos podemos mencionar, que neles débense seguir unhas normas, as persoas que xogan a videoxogos adquiren valores como a empatía e a cooperación; por exemplo, médicos que xogaron a videoxogos realizan mellor as operacións laparoscópicas, ao posuír unha maior destrezas cas mans.

Outras das vantaxes de xogar a videoxogos e que propician a interacción, a necesidade de emitir respostas rápidas, resolver problemas; ca súa utilización acadase unha maior visión periférica, maior concentración visual etc. Ademais de que omiten ese aprendizaxe por repetición tan anclado na educación clásica.

Polo tanto, podemos dicir que o emprego da tecnoloxía dentro da aula permite unha abanico de tarefas desenvoltas na aula moito maior.

Unha solución para modernizar o sistema educativo podería ser, incorporar a tecnoloxía para así poder fomentar unha aprendizaxe dunha forma autónoma. O docente debe motivar aos alumnos con aquilo que lles apaixone. A antiga forma de ensinar é aburrida, e a nova forma de aprender debe considerar ao alumno o núcleo central do feito educativo, e debese aproveitar os seus intereses para que o proceso de aprendizaxe lle sexa máis enriquecedor.

Os máis remisos aos videoxogos, mostran a estes como unha fonte de violencia, e que non sempre fomentan comportamentos axeitados, para evitar iso como comentei na entrada de Irene debese ter en consideración a idade recomendada de cada videoxogo.

Anque o emprego da tecnoloxía tamén ten os seus riscos polo que é interesante que se forme nesta ámbito tamén, para que o propio alumno sexa responsable no emprego destas,ademais de que teña a capacidade para tomar conciencia das súas propias accións.

 

Para ir ao enlace do documental pulsa aquí

Sánchez, Peris. F.J (2014). Los videojuegos en la educación. Aularia. Revista Digital de Comunicación. 3 (1).21-26.

Recuperado de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=4713248, Fecha de consulta:02/04/16

Comentarios

  • Xabier Ramos

    Buenas tardes Rubén, en muchos casos se criminaliza la tecnologia en los procesos de enseñanza-aprendizaje y especialmente todo lo relacionado con los videojuegos, cuanto estos son un claro incentivo para los infantes en muchos casos, debemos aprovechar las posibilidades que estos nos ofrecen estas herramientas y no prejuzgar sin analizar previamente sus múltiples beneficios, como bien has dicho son herramientas plenamente válidas, felicidades por la entrada compañero.