A cotillear!

Seguindo a temática tratada na clase anterior, ocorréuseme a idea de presentar o meu muro de Facebook a diferentes persoas para que dixeran as primeiras impresións que lles supoñía o mesmo.

Se ben, posto que Celanova (a vila na que resido) é pequena, previamente compartín certas publicacións coas que non me defino, para comprobar se algún dos meus coñecidos se cuestionaba a miña afinidade coas mesmas, feito que non occorreu.


O resultado:

Como adiantaba, a pesar de que algún dos enquisados me coñece persoalmente, ninguén se prantexou sequera que algún dos datos presentados puidese non ser certo.

Na información falsa reflectíase que fora dependenta en "Bershka", así como publicacións políticas de características duais, por un lado nacionalistas, e por outro de índole neofascista (das que solo se fixo referencia ás primeiras). Isto fíxome reflexionar na facilidade de encasillar a unha persoa nunha ou noutra corrente de pensamento, ou mesmo en canto á personalidade da mesma, por criterios totalmente unilaterais que responden ás preferencias de quen analiza á primeira.

Soamente un día despois, dada a presenza de cambios tan bruscos e repentinos na miña información, Facebook recordábame a seguinte mensaxe:

"¿Te preguntas quién puede ver tu información laboral? Arual, recientemente has añadido un lugar de trabajo (falso) a tu perfil. Hemos pensado que te gustaría comprobar quién puede ver esta información. -El equipo de privacidad de Facebook.

Trala experiencia, a relación do feito coa materia, faime comezar comentando un principio co que xa partía en canto á realidade da Identidade Dixital, que xa tivera comentado noutras publicacións. EU NON SON O MEU FACEBOOK.

A posibilidade de estar exposta a definicións tan pouco contrastadas, e de carácter tan superficial, fixéronme repensar Facebook e entendelo como unha carta de presentación. Fai non moito tempo, na rede social comentada, compartíannse en nome dos usuarios vídeos pornográficos dos cales os propios propietarios dos perfís non tiñan constancia máis que polas notificacións directas daqueles "amigos" que llo comentaban polo cuestionamento de dita publicación.

Finalmente, como reflexión, considero que cada persoa leva intrínsecamente características mesmo enfrontadas, que relocen dependendo da situación á que esta sexa exposta. Esta afirmación faime pensar na mesma como un conxunto holístico e único. Isto é precisamente a consideración que escapa das redes sociais, nas que se encasilla ás persoas por feitos simplistas sen considerar os aspectos de fondo que fan que presente a información visible de sí mesma, sendo precisamente esta a razón pola que eu contestaría que non á pregunta formulada no video.

Salgado, L. (2016, abril 22). Mi perfil. [Publicación de Facebook]. Recuperado de: https://es-es.facebook.com/.

Fernández, I. [Fercelanova]. (2016, abril 22). Impresións Facebook Lau [Archivo de video]. Recuperado de

Error processing the video

.

Comentarios

  • Óscar González

    Hola Laura, coincido contigo en que Facebook no representa la identidad real de una persona, por mucha información que  este pueda contener. Sin embargo, aunque toda la información que presentamos y observamos en Facebook no siempre es real, el usuario medio no se suele molestar en verificar y comprobar esta información, sino que la procesa,o procesamos, tal cual, infoxicándonos en gran medida durante este proceso.

    Facebook no deja de funcionar como el escaparate de cada uno, y la información que presentamos rara vez se digiere adecuadamente.

    Un saludo compañera.

  • Paula Rodriguez

    Laura estoy de acuerdo con lo que publicaste. El hecho de subir información nuestra a la red o las publicaciones que se compartan no nos define como personas. La identidad virtual aunque esté relacionada con la personal no implica que seamos en realidad tal y como se podría apreciar en un perfil de una red social, ya que los perfiles en cuentas virtuales reflejan parte de nuestors intereses, por ejemplo cómo empleamos el tiempo libre, u opiniones sobre ciertas cosas, pero no muestran todas nuestras facetas, además de que lo mostrado en las redes sociales puede entenderse o interpretarse de distinta forma dependiendo de quién lo esté viendo y mucho de lo que se "ve" puede dar lugar a error a la hora de analizarlo.

  • Ana Belén

    Hola Laura! Encantoume o video que fixeches, nótase que leva moito traballo consigo; ata o de agora penso que é unha das mellores publicacións que lin. 

    Respecto ao que dis nel, estou de acordo e tamen respondo NON á pregunta final de se se pode coñecer a alguén pola seu perfil en facebook. É dicir, unha persoa pode ser totalmente contraria ao que mostra a través da pantalla; como moi ben reflexaste ti, que mostraste contidos neofascistas e que nin por asomo o pensas de verdade. 

    Pareceume unha moi boa reflexión, un saludo!