Creative Commons

Hoxe en día atopamos os Creative Commons en moitos lugares, pero sabemos realmente o que estos símbolos significan? Nesta entrada pretendo aclarar os termos para que todos saibamos e coñezamos un pouco mellor o que isto significa.

As Licenzas Creative Commons

O copyright é...

O símbolo © poderá antepoñelo o titular ou a titular, o cesionario ou cesionaria en exclusiva dun dereito de explotación sobre unha obra ou produción das protexidas pola Lei de Propiedade Intelectual. Para iso deberá indicar con precisión o lugar e ano de divulgación da referida obra ou produción. Mediante o símbolo © presúmese que se é titular dos dereitos da obra. Non é necesario ter a obra rexistrada para indicar o símbolo.

O CopyLeft

É un movemento social e cultural alternativo ao sistema tradicional do copyright que avoga polo uso de licenzas libres para compartir e reutilizar recursos.

Hai diferentes tipos de licenzas libres, as máis utilizadas son as licenzas Creative Commnons.

As Licenzas Creative Commons

Creative Commons é unha organización sen ánimo de lucro que foi fundada por Lawrence Lessing, Profesor de Dereito na Universidade de Stanford, que ofrece modelos de licenzas libres que permiten aos autores depositar o seu obre de forma libre na internet, limitando os usos que das devanditas obras pódense facer. Están moi relacionadas co movemento de acceso aberto (Open Access) e inclúense nos repositorios institucionais para que os autores ao depositar os seus documentos poidan elixir as condicións de acceso e protección da súa obra.

As licenzas Creative Commons, nacen para compartir e reutilizar as obras de creación baixo certas condicións. Coas licenzas Crative Commons, o autor autoriza o uso da súa obra, pero a obra continua estando protexida.

Fronte ao COPYRIGHT que quere dicir ?todos os dereitos reservados?, as Creative Commons propoñen “algúns dereitos reservados”.

As catro condiciones das licenzas Creative Commons son:

  •  Recoñecemento:O autor permite copiar, reproducir, distribuír, comunicar publicamente a obra, realizar obras derivadas (tradución, adaptación, etc.) e facer dela un uso comercial, a condición de que se citee recoñeza ao autor orixinal.
  • Sen obra derivada: O autor non permite xerar obras derivadas.
  •  Non comercial: O autor non permite o uso comercial.
  •  Compartir igual: O autor permite copiar, reproducir, distribuír, comunicar publicamente a obra, e  xerar obras derivadas pero baixo a mesma licenza.

Os seis tipos de licenzas Creative Commons son:

 

  •  Recoñecemento: O autor permite copiar, reproducir, distribuír, comunicar publicamente a obra, realizar obras derivadas (tradución, adaptación, etc.) e facer dela un uso comercial, a condición de que se cite e recoñeza ao autor orixinal.
  •  Recoñecemento - Sen obra derivada: O autor permite copiar, reproducir, distribuír, comunicar públicamente a obra, e facer dela un uso comercial a condición de que a condición de que se cite e recoñeza ao autor orixinal. Non permite xerar obra derivada.
  •  Recoñecemento - Sen obra derivada - Non comercial: O autor permite copiar, reproducir, distribuír, comunicar publicamente a obra, a condición de que a condición de que se cite e recoñeza ao autor orixinal. Non permite xerar obra derivada nin utilizala con finalidades comerciais.  
  •  Recoñecemento - Non comercial: O autor permite copiar, reproducir, distribuír, comunicar públicamente a obra, e xerar obras derivadas a condición de que se cite e recoñeza ao autor orixinal. Non se permite  utilizar a obra con fins comerciais.
  •  Recoñecemento - Non comercial - Compartir igual: O autor permite copiar, reproducir, distribuír, comunicar publicamente a obra, e xerar obras derivadas a condición de que se cite e recoñeza ao autor  orixinal. A distribución das obras derivadas deberá facerse baixo unha licenza do mesmo tipo. Non se permite utilizar a obra con fins comerciais.
  •  Recoñecemento - Compartir igual: O autor permite copiar, reproducir, distribuír, comunicar públicamente a obra, xerar obras derivadas e facer delas un uso comercial, a condición de que se cite e recoñeza ao autor orixinal. Permítese a distribución das obras derivadas pero única e exclusivamente cunha licenza  do mesmo tipo.

Todas as licenzas Creative Commons obrigan ao recoñecemento do autor da obra e, se o autor quere, tamén deberá indicarse a fonte (por exemplo, institución, publicación ou revista) onde se publicou. As licenzas Creative Commons son de carácter gratuíto e que, por tanto, a mellor maneira de asegurar a remuneración do autor é excluíndo os usos comerciais e as obras derivadas (é dicir, a licenza de Recoñecemento ? Non comercial ? Sen obra derivada). Estas licenzas establécense a perpetuidad, é dicir, toda a duración da protección da obra. O autor resérvase o dereito, en calquera momento, de explotar a obra con outra licenza (sexa Creative Commons ou non), ou, mesmo, de retirala, pero a licenza previamente outorgada continuará vixente. As licenzas Creative Commons non teñen carácter de exclusividade, por tanto o autor pode outorgar outras licenzas sobre a mesma obra con condicións diferentes, pero as subseguinte licenzas só se poderán outorgar en réxime de non exclusividade.

O uso de obras con licenzas Creative Commons obriga a:

Cando un usuario decide utilizar unha obra cunha licenza Creative Commons, convértese en licenciatario e comprométese a aceptar e respectar as condicións da licenza establecida polo autor.

No caso de incumprimento ou infracción dunha licenza Creative Commons, o autor, como con calquera outra obra e licenza, haberá de recorrer aos tribunais. Cando se trate dunha infracción directa (por un usuario da licenza Creative Commons), o autor poderalle demandar tanto por infracción da propiedade intelectual como por incumprimento contractual (xa que a licenza crea un vínculo directo entre autor e usuario/licenciatario). O dereito moral de integridade recollido pola lexislación española queda protexido aínda que non apareza nas licenzas Creative Commons. Estas licenzas non substitúen nin reducen os dereitos que a lei confire ao autor; por tanto, o autor podería demandar a un usuario que, con calquera licenza Creative Commons, modificase ou mutilase a súa obra causando un prexuízo á súa reputación ou os seus intereses. Por descontado, a decisión de cando houbo mutilación e de cando a mutilación prexudica a reputación ou os intereses do autor quedaría en mans de cada Xuíz ou Tribunal.

Deixo aquí tamén este video que explica dunha forma moi sinxela e divertida o que son os creative commons. Pareceume un vídeo moi interesante.

Bibliografía:

Recuperado de http://www.neoteo.com/que-es-creative-commons [Recuperado ou consultado o 29/04/2016]

Recuperado de http://www.sideleft.com/guia-creative-commons/ [Recuperado ou consultado o 29/04/2016]

Comentarios

  • Alba Neira Pasarín

    Moi boa entrada sobre as licencias Creatives Commons. Creo que recolles e explicas, dunha forma clara, que son, os tipos, as condicións de uso o seu uso. Non debemos esquecer que cando poñemos unha obra baixo unha licencia Creative Commons debemos ter en conta certas condicións que ofrecen algúns dereitos a terceiras persoas.