A curación de Contidos e o PLE.

Boas Stellares!

Como van estes últimos días? Eu continúo aquí co meu proceso de reconstrucción do blog, recuperando entradas que non realizara de sesións pasadas. Hoxe tócalle á curación de contidos e ao PLE, tema que se tratou na 4ª Interactiva.

A pesar de ter subido o meu Symbaloo e ter realizado a actividade da noticia, non afondei en profundidade na temática de filtrar información nin no PLE. Así que imos alá.

Tal e como vimos nunha das sesión expositivas e explico na miña entrada anterior, vivimos nunha era na que a saturación de información é algo que está a orde do día (Infoxicación). Bombardéannos con cantidades e cantidades de información dende a televisión, as redes sociais, a prensa, enderezos web, portais etc.

Pero quere dicir isto que estemos mellor informados? Realmente a saturación e sobrecarga informativa pode chegar a facer que: ou ben non nos creamos nada do que nos contan ou por outro lado creamos toda a información que chega a nós, e sen contrastala,  estemos a contribuir na súa difusión. Que facer ante isto? Todos sabemos que por exemplo na prensa dependendo que medio escollamos, imos ver unha noticia dende un marco ideolóxico determinado; pero tamén é certo que non temos todo o tempo do mundo para ler tres periódicos ao día e comparar.

Por que debemos optar entón?

O que está claro é que debemos de filtrar a información que chega a nós. Como sabemos a filtración é una das técnicas de separación máis antigas que existen, e en información traduciríase en separar e seleccionar aquela información que nós consideramos válida ou axeitada. Pero chega só con esto? Podemos dar un salto máis e pasarnos á Curación de Contidos. Segundo vimos na sesión interactiva, a curación de contidos basaríase nas regla das catro S; que viría do inglés: Search (buscar), Select (saleccionar), sense making (darlle sentido) e share (compartir).

Segundo a XII Workshop Rebiun (2013) podemos entender a curación de contidos como un proceso sistemático que elabora un especialista para unha determinada organización ou individuo; o cal consiste en buscar, seleccionar caracterizar e difundir dun modo continuado os contidos máis relevantes de diversas fontes de información e dun campo concreto.

 Deste xeito podemos ver que a curación de contidos vai máis alá de filtrar a información que chega a nós, xa que planifica e sistematiza os procesos de procura de contidos ao mesmo tempo que selecciona e mellora a información atopada para volver a compartila. Vemos deste modo, que busca mellorar a calidade e fiabilidade da información, mellorar os procesos de búsqueda e compartir dita información.

En función a isto poderíamos dicir que o concepto PLE pode ser de gran utilidade na curación de contidos. As siglas PLE proveñen do inglés Personal Learning Enviroment ou o que sería Entorno Persoal de aprendizaxe. Según Adell y Castañeda (2013) o PLE pédese definir como: “…el conjunto de herramientas, fuentes de información, conexiones y actividades que cada persona utiliza de forma asidua para aprender” (p.15)

Adel y Castañeda (2013) tamén establecen 3 partes das que constan os PLE's, nas que podemos diferenciar

  • Por una banda as ferramentas ou estratexias de lectura, que poderían ser as fontes de información ás que un suxeito accede para obter información dun tema concreto.
  • Por outra banda atoparíamos  as ferramentas e estratexias de reflexión que sería aquilo que empregamos para modificar ou editar unha determinada información.
  • Por último teríamos as ferramentas e estratexias de relación que serían os escenarios donde se relacionan as persoas que aprenden unas das outras.

Unha ferramenta útil dentro dos PLE’s e para a curación de contidos sería a xa mencionada na aula: Symbaloo. En relación a dita ferramenta realicei unha entrada anterirmente onde adxuntei as páxinas principais que eu empregaba para buscar información dun campo determinado.

Espero que vos gustara.

Un saúdo!

______________________________________________________________________________________________

Fontes bibliográficas:

Comentarios

  • Noelia Ares Maceiras

    Hola Roci!!

    Mucho ánimo en la reconstrucción del blog!!!

    La verdad que tienes toda la razón, en la últimas décadas, sobre todo por internet, estamos sometidos a bombardeos de información, y  muchas veces no sabemos de que fuente extraerla o desde la cúal fiarnos. Yo considero que para realizar una buena recogida de información,deberíamos hacer una barrida de información desde varios medios de comunicación y seleccionar aquello que consideros más fiables. Obviamente debemos enfocarnos en aquellos de mayor fiabilidad, aunque bajo mi punto de vista todos los medios de comunicación mienten, quizá un poco menos internet, ya que se considera un medio más libre de expresión. En una de mis entradas recogí la página Infolibre, que considero que es una buena página para adquirir información y muchas veces en ella aparece información que no sale en otro tipo de medio. ( Te dejo el link para que le puedas echar un vistazo).

    Un saludo!!

  • Rocio Dominguez

    Boas Noe!

    Gracias pola túa información, persoalmente non coñecía o enderezo que deixas no teu comentario. Pode que esto sexa o positivo da plataforma; aprender os uns dos outros como me dixo unha compañeira nun comentario.

    Revisarei a páxina que mencionas.

    Un saúdo! ;)