• Blogs
  • Cristina
  • Recordando o video realizado nas clases interactivas no comezo da asignatura.

Recordando o video realizado nas clases interactivas no comezo da asignatura.

Por Cristina

 

Fai aproximandamente dous meses realizamos un video na clase interactiva sobre os cambios que as novas tecnoloxías traen as nosas vidas. Este video esta publicado en Vimeo dende o 15 de marzo, pero creo qeu agora que estamos a rematar o noso contacto con esta asignatura sería bo que o volva a publicar no meu blog, para que así poidamos compartir opinións e experiencias entorno a asignatura. Pode ser, que dous meses despois da primeira publicación do video atopásemos máis cambios introducidos pola tecnoloxía nas nosas vidas que aqueles que aparecen en dito video. 

Neste video contamos por exemplo o gran cambio que podemos atopar respecto o acceso a información antes de que as tecnoloxías avanzasen ata o punto no que se atopan a día de hoxe. Na xeneración dos nosos pais a infoarmación chegaba o mundo básicamente através da prensa escrita ou dos informativos emitidos en televisión ou radio, pero neste momento ademáis de contar coa información nos periódicos, na televisión e na radio podemos acceder a información que nos interese directamente dende o ordenador ou o movil no momento que nos queiramos, seleccionando aquela información que para nós é máis interesante. Cando falamos de información que requerimos para levar a cabo as tarefas educativas pasa algo parecido, xa que nosos pais basábanse exclusivamente en aprender por medio de libros de texto construídos para este fin, mentras que nos podemos buscar información de forma autónoma na rede. Ademáis a relación dos profesores e alumnos tamén da un xiro, chegando a ser máis dinámica e personalizada, xa que grazas as tecnoloxías os docentes contan con outros métodos de ensino e de avaliación do ensino que permiten obter un maior control sobre o proceso de aprendizaxe de cada alumno.

Por outra banda no video resaltamos a comunicación. A comunicación deu un gran cambio dende que o acceso a rede está a disposición da maior parte dos cidadáns facendo así que as relacións persoais e profenais sufran tamén un cambio, neste cambio inflúen, por exemplo, as redes sociais. Este cambio pódese considerar positivo e negativo. Consideramos que é un cambio positivo no sentido de que, por exemplo, a comunicación entre dous extremos do mundo pode ser realizadade maneira inmediata, mentras que antes de existir estas tecnoloxías da comunicación esta comunicación, feita mediante unha carta, podía tardar días.

Outro cambio que mencionamos no video son as facilidades que as tecnoloxías achegana  nosa vida para facela máis cómoda, como por exemplo o feito de poder facer a compra dende a casa, a oficina, ou calquer lugar por internet sen ter ir persoalmente o supermercado.

Sen máis, aqui vos deixo o enlace do vídeo.

Smile

Este video foi realizado por Begoña Dubra, Héctor Fernandez, Ana García e Cristina Guimarey