O malestar docente vs. o benestar docente

Esta sesión do 18 e a seguinte do 24 de abril, é unha reflexión da profesora sobre o noso debate.

Comenta que según o OBIP (Observatorio Internacional da Profesión Docente) as profesións da rama sanitaria e a función docente son as que alcanzan as cotas mais altas de malestar. Unha das propostas do OBIP é nomear aos psicopedagogos como observadores do malestar, dado que os encargados deste traballo, están máis dirixidos a actividades de control e administración. Isto consiste en utilizar aos psicopedagogos para mediar no conflito, e polo tanto evitar o malestar proactivamente.

Sen embargo, ás veces resulta máis fácil deixarse levar polo malestar que buscar os motivos do benestar.

Destácase que o nivel de intensidade no que se atopa a función docente, incrementou segundo incrementaron o número de demandas que se lle realizan aos docentes, especialmente na función educativa que antes se levaba a cabo na casa.

A profesora lenos un fermoso artigo de Manuel Rivas, "Amor y odio en las aulas" que xa no ano 1999 destacaba esta problemática, que so se acentuou co tempo.

Hai diferentes factores que propician esta situación, como a propia complexidade do constructo malestar-benestar, o contraste entre a satisfacción duns da tarefa desempeñada, e a insatisfacción de outros, o desgaste profesional, burn-out, estrés...

En diferentes estudos levados a cabo por Ava Abraham destacan a tensión entre o eu real e o eu ideal. Ante esta tensión existen diferentes tipos de profesorado:

-Tipo 1. O profesor acepta os cambios como algo ineludible. Mantén unha mente positiva, considerando que os cambios son oportunidades.

-Tipo 2. Oponse aos cambios, mantén actitudes de inhibición, o cal xera ansiedade.

-Tipo 3. Ten actitudes ambigüas, pesamentos contraditorios.

-Tipo 4. Vivencia con sentimentos de ansiedade e culpabilización.

Na sesión do 24 de abril, comézase cun comentario da profesora sobre os portafolios, e un compañeiro comenta que estivo a indagar sobre o Informe TALIS. Entre outras cousas destaca que a situación do profesorado en España non é tan terrible, xa que é un dos sectores educativos que máis formación demanda. Ante isto quédome coas ganas de comentar (por falta de tempo) que quizais o feito de que sexa un dos países que mais formación demanda se deba a que a formación inicial do profesorado é máis deficiente.

Retomando o tema anterior, a profesora expón que a docencia ten dúas cara, como unha moeda . Por un bando está a práctica, que mira á escola, o idiosincrático, o transcorrer da vida. E por outro está a teoría, que mira á investigación e o desenvolvemento.

A vivencia do profesorado tamén pode depender das recompensas existentes. Feanan Nauser, en 1990, explicou que hai dous tipos de recompensa, a intrínseca, segundo a cal me interesa aprender, e a extrínseca, segundo a cal me interesa sacar boas notas.

Unha motivación intrínseca en educación pode ser a interacción cos alumnos, o placer de que aprendan, as relacións cos colegas (que tamén poden deteriorarse e resultar negativas) Todo isto entra na pasión pola ensinanza, no placer de ensinar.

Pola contra, a principal motivación extrínseca é o soldo.

Ante esta afirmación a min plantexáseme unha dúbida, xa que persoalmente considero que unha motivación extrínseca tamén é o poder, a capacidade de manexar as vidas dos demais ao teu antollo, especialmente as dos nenos, que son tan vulnerables ás manipulacións, pero tamén as dos teus compañeiros.

Se pensamos obxectivamente existen varios factores estresantes (o aumento da ratio, as descenso dos soldos), pero por outra banda tamén hai factores que benefician o benestar: a vocación, o compromiso coa tarefa... neste caso sempre xurden dificultades, pero se superan. E se estos factores non existen, se se escolleu a carreira por ser fácil ou curta, hai máis probabilidades de que exista o malestar.

Por outra banda está o "victimismo" da función docente, spbre o cal Gimeno afirmaba que "o docente critica por oficio" Porque á hora de falar do malestar, éste débese sempre aos demais, non a min mesmo. O cal non quita que se espere moito dos profesores, idea sobre a cal a profesora nos presentou un texto de Hargreaves, de 2003, onde se destacan a inmensa cantidade de cousas que se esperan dos docentes.

Finalmente a profesora fixo unha reflexión sobre unha capacidade que os profesores non teñen adquirida, que é a capacidade de controlar as emoción, de coñecerse a sí mesmos, capacidade que para as persoas que traballan con persoas é ineludible.

Como tarefa, a profesora prpón que reflexionemos sobre a función docente, sobre os profesores, dende o punto de vista de futuros asesores, psicopedagogos. E tamén, sobre qué cremos nós que pensan eles dos orientadores-asesores.

Inclúo esta reflexión persoal nun documento adxunto.

Tarefa- opinions enfrentadas.doc