Reversionando

¡Bos días Stellaers!

Despois de estar unhos días reflexionando, lendo, informandome e tomando un pouquiño o sol, decidín que xa era hora de empezar de novo coas entradas, pero desde logo, dun xeito diferente a como estababa enfocado o blog na etapa anterior. 

As miñas entradas pasadas, formaban un conxunto de boas ideas mal expresadas. Por iso, durante estes días o que fixen foi ler para atopar a inspiración, recurrir a temas novos, mirar os conceptos das clases tanto interactivas como expositivas, e intentar deixar que esta materia influíra aínda máis en min para poder mellorar todo o feito anteriormente. 

A día de hoxe, e tendo en conta o traballo realizado e os consellos da profesora Ana Groba, podo decir que os conceptos da materia non estan expresados nas miñas entradas, non están traballados, non están incluídos nas miñas reflexións e posiblemente tampouco no meu coñecemento. Conceptos como competencia dixital, identidade dixital, básicos nesta materia, non teñen un lugar nas miñas reflexións, e menos aínda temas máis específicos como os conceptos traballados de copyleft, creative commons, prosumer, coñecemetno libre, cerrado ou aberto, transmedia, software educativo, etc.

Esta nova etapa, basarase principalmente en entradas que traten estos temas esenciais, e na reeditación das anteriores coa intención de melloralas e inducilas hacia a temática da materia, mellorandoas a través dun proceso de aprendizaxe constructivo vinculando as experiencias persoais coas clases sobre Tecnoloxía Educativa. 

Está claro que a aplicación da informática é unha actividade factible e necesaria dentro da formación do alumno/a, aínda que algúns nos coste un pouquiño máis aprender a traballar deste xeito, sobretodo o de posicionarnos nun rol de vehículo conductor no propio aprendizaxe e conducilo de maneira autónoma para lograr os obxectivos establecidos pola materia e por nos mismo. Pero agora mesmo, sendo consciente dos erros e tendo fixos os puntos a traballar e a forma de facelo, espero mellorar nesta segunda oportunidade e conseguir alcanzar un aprendizaxe autónomo ven direccionado, unha capacidade crítica aínda maior, e unha formación educativa neste ámbito suficiente para desenvolverme en futuras ocacións de maneira correcta. 

Sorte aos que nos atopamos inmersos nesta segunda parte e que empece a recta final compañeiros!