Welcome to cyberespace

 Este título fai referencia ao primeiro capítulo do libro que me deu a idea principal para escribir esta entrada, denomínase Activismo digital y telemático. Poder y contrapoder en el cyberespacio, escrito por Xabier Barandiaran, o cal identifica nas reflexións da obra ó cyberespacio coma un territorio onde conviven os poderes político, económico e social e ao mesmo tempo coma un territorio de conquista, venta e construcción. Non vos parece unha idea verdadeiramente interesante?

Esta comparación levame a pensar na similitude que existe hoxe en día entre o mundo terrenal e o mundo virtual, en ambos podemos facer a compra, podemos abrir un negocio, podemos autoeducarnos. Tarefas que ata fai unhos anos era impensable que se poideran trasladar ao cyberespacio.

¿Pero cal é a verdadeira razón pola cal a nosa sociedade se trasladou ao cyberespacio?

Deixando a un lado os intereses políticos e económicos que trae consigo a boa utilización do mundo de internet, gustaríame centrarme no uso social ,en xeral, e o educativo ,en particular. Temos que ter en conta, que a comunidade educativa tamén fixo as maletas e se instalou na gran cidade de Internet, e non de forma simple, se non que aproveitou a baza segmentando na rede unha gran variedade de recursos educativos, entre os cales podemos atopar blogs sobre educación, xogos interactivos que estimulan a aprendizaxe, software educativos, e sobretodo coñecemento. Coñecemento que foi e é aproveitado polos usuarios constantemente. Este coñecemento é para min a verdadeira razón pola cal a sociedade da información se vinculou tanto ao mundo das novas tecnoloxías.

O coñecemento libre, o cal é coñecido como aquel que pode adquirirse libremente, compartirse, modificarse de acordo as necesidades permite a formación individual e en comunidade, o que fai que os procesos de aprendizaxe colaborativo, aprendizaxe participativo, autoaprendizaxe só teñan dúas fronteiras, como Barandiaran dí, a atención e o tempo.

A propia idea de coñecemento libre pódese identificar coa experiencia da utilización desta red social educativa, na que cada un de nos proxecta información e experiencias vinculadas coa materia Tecnoloxía Educativa, e comparte cos demáis a súa propia reflexión sobre os coñecementos adquiridos na aula.

 

Conocimiento libre.jpg

Fonte: https://biankahajdu.com/2012/05/02/comercio-libre-conocimiento-libre/

Si tu tienes una manzana y yo tengo una manzana e intercambiamos manzanas, entonces tanto tú como yo seguimos teniendo una manzana. Pero si tu tienes una idea y yo -tengo una idea e intercambiamos ideas, entonces ambos tenemos ideas”                                                                                    

 George Bernard Sham (1856-1950)

 


Bibliografia:

- ¿Qué es Conocimiento Libre?. (2006). Conocimiento Libre (o lo que está detrás del Software Libre). Recuperado 22 Junio 2016, desde https://conocimientolibre.wordpress.com/sobre-conocimiento-libre/.

- Barandiaran, X. (2003). Activismo digital y telemático. Poder y contrapoder en el cyberespacio (1st ed., pp. 4-5).